O V Encontro de Palilleiras e Multilabores reúne traballos realizados por máis de 200 palilleiras

Nesta edición o tema estará relacionado coa augardente

As 'xoaninhas' na 57 Festa do Viño do Condado. con Marta Valcárcel, Antonio Alén e o alcade, Arturo  Grandal.

‘As xoañas’ na 57 Festa do Viño do Condado. con Marta Valcárcel, Antonio Alén e o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal. ARCHIVO.

A Asociación cultural de palilleiras ‘As xoaniñas’ dá  reitoral de Fornelos da Ribeira celebra o próximo día 30 de xuño o seu V Encontro de Palilleiras e Multilabores no recinto das Fraguiñas en Fornelos, Salvaterra do Miño, a partir dás 16.30 horas, evento ao que están convidados todos os que desexen admirar os traballos realizados polas máis de 200  palilleiras que asistirán  ao encontro vindas de toda a comunidade  galega.

“Para todas as palilleiras que decidan acompañarnos durante a mañá, realizarase un paseo en tren  turístico polos concellos de  Salvaterra de Miño e Monçao onde poderemos coñecer as paraxes máis recoñecidas destas vilas, como o Castelo de Dona Urraca e o Museo do Vinho Albariño, entre  outras, cunha posterior comida nun restaurante da comarca” anuncian desde a organización.

Como en edicións anteriores, contaremos coa visita da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a tenente de alcalde de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez.

IMG_5581

‘As xoañas’ na 57 Festa do Viño do Condado. con Marta Valcárcel, Antonio Alén e o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal. ARCHIVO.

Esta Asociación foi fundada no ano 2012,  componse de 7 directivas xunto cun total de 35 socios e fundouse pola paixón polo encaixe de gran parte das súas directivas as cales tras visitar varios encrontros de palilleiras por Galicia e Portugal deciden celebrar o seu primeiro encontro alá polo ano 2012.

Desde os seus inicios esta asociación contou coa colaboración de distintas entidades, como son o Concello de  Salvaterra de Miño, Artesanía de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

Paralelamente ao encontro de palilleiras, a asociación vén celebrando cada ano unha exposición dedicada en cada edición a un tema diferente, e neste V edición estará relacionada coa augardente

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada