Ponteareas

O auditorio Reveriano Soutullo acolle el folclore Extremadura, Castela e León e Galicia no Festival Algazara

O XXII Festival Algazara organizado pola agrupación folclórica Algazara de Celeiros.

As actuacións da Asociación Cultural Tío Babú do concello de Toro, en Zamora, e a actuación da Asociación de Corpos e Danzas de Barbuquejo, de Cabeza del Rey en Badajoz terán lugar o vindeiro sábado 16 de novembro no auditorio municipal, Reveriano Soutullo, a partir das 19.30 horas.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Ponteareas axudará aos colectivos na realización de pequenas obras de interese veciñal

A convocatoria que se publicará no B.O.P contempla 10.000€ para as asociacións que non se benefician dos máis de 300.000€ que o concello destina a axudas a distintos tipos de colectivos

Reunión comunidades de montes ponteareáns.

O concello de Ponteareas acaba de publicar as bases da subvención para investimentos destinada a colectivos de interese veciñal (asociacións veciñais, asociacións culturais e comunidades de montes). O prazo para solicitar estas axudas comezará a contar ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e será de 7 días naturais.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Obradoiros para nenos e animación infantil esta fin de semana en Ponteareas

Fragmento del cartel anunciador.

O concello de Ponteareas convida a tódalas familias a achegarse á carpa da Praza Maior hoxe e mañá para que os máis pequenos poidan aprender e xogar cos obradoiros de manualidades de outono que terán lugar de 17 a 19 horas totalmente de balde. Ademais, tamén haberá tempo para divertirse coa animación infantil.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Industrias Cárnicas Fontefría, DIE gabinete técnico e Máis Vida, premios ‘Ponteareas, Lingua e empresa’

‘Ponteareas, Lingua e empresa’ premió, por vez primeira, o emprego da lingua galega no ámbito comercial e empresarial en tres empresas, Industrias Cárnicas Fontefría, DIE gabinete técnico e Máis Vida. “Con este xesto o goberno ponteareán quere non só promover o uso da lingua galega se non tamén recoñecer publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector”, manifesta o grupo de goberno nun comunicado.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A delegación da cidade portuguesa de Amadora vén a Ponteareas a coñecer exemplos de boas prácticas no marco da Axenda 2030

Seguindo a liña de traballo da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”, técnicos e concelleiros do concello recibirón á delegación da cidade portuguesa de Amadora para coñecer exemplos de boas prácticas no marco da Axenda 2030 fixada pola ONU. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza os encontros, co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta reforma a Estación de Captura de Peixes da Freixa investindo uns 41.000 euros

Río Tea.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda investirá 41.467,38 euros na execución da reforma da Estación de Captura de Peixes da Freixa, en Ponteareas (Pontevedra). A actuación, adxudicada o mes pasado e actualmente xa en execución, permitirá acometer unha serie de traballos de mellora nas instalacións para poder continuar co seu labor de seguimento e estudo da evolución das peixes migradores que transitan cada ano por ese punto do río Tea.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Reabre o museo municipal de Ponteareas invitando a “descubrir as novidades na reapertura”

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba (i), e Gonzalo Fernández (d), o historiador municipal

Logo de pechar as súas portas durante uns meses para a realización das obras de mellora de eficiencia enerxética o Museo Municipal de Ponteareas volve abrir ao público o vindeiro mércores día 6 ás 19 horas con importantes novidades. En colaboración coa Concellería de Vías e Obras que dirixe Chus Garrote executáronse obras en todo o edificio enmarcadas na estratexia de futuro “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

O Pleno aproba os documentos do PXOM solicitados pola Xunta

Un momento do pleno poteareán.

O Pleno do Concello de Ponteareas deu un novo paso na tramitación da aprobación definitiva do PXOM ao aprobar, cos votos en contra de PP e ACIP, os documentos solicitados pola Xunta de Galicia.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada