
O secretario xeral da Emigración participou na reunión do Padroado da FES, que presta asistencia a preto de 1.500 familias galegas que residen no país suramericano.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, renovou esta mañá o compromiso do Goberno galego coa Fundación España Salud (FES), de cuxo padroado é membro e coa que a Xunta colabora, ademais de con recursos económicos, con propostas que buscan avanzar en materia de asistencia aos españois, e nomeadamente os galegos, que residen en Venezuela.