Ayudas/Subvenciones/Premios

Convocado o I Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do I Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia, un certame co que o Goberno galego quere recoñecer os proxectos ou boas prácticas que busquen resultados positivos para a persoa usuaria, que sexan adecuados e pertinentes para o contexto local no que se atopan e que sexan sostibles no tempo e creativos.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

O prazo de solicitudes está aberto ata o 17 de outubro

A creación de novas empresas poden optar aos VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco no eido da cultura

Biblioteca da Cidade da Cultura.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a sexta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso que impulsa o desenvolvemento de ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais en Galicia. Nesta edición, os premios repártense en dúas categorías: proxectos en internet e desenvolvemento de aplicacións informáticas no sector cultural e proxectos relacionados co deseño, a xestión cultural e a creación artística e plástica.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

ViaGalicia, para impulsar 15 novos proxectos innovadores

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posta en marcha da sexta edición de ViaGalicia, a máis veterana das aceleradoras de empresas da Comunidade, que se desenvolve en Lugo e Vigo en colaboración coa Zona Franca e que, cun investimento total de 2,4 millóns de euros (dos que a Xunta achega máis do 60%), apoiará 15 novos proxectos innovadores.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude de axudas para a posta en marcha das Casas do Maior

Estarán destinadas á atención de persoas maiores de 60 anos de idade en situación de dependencia moderada e severa, e atenderán a un máximo de cinco usuarios de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade.

A Xunta de Galicia abre maña e durante un mes o prazo de presentación de solicitudes para acollerse á nova convocatoria de axudas para a posta en marcha de ata un máximo de 30 Casas do maior, experiencia piloto destinada a atender a homes e mulleres de máis de 60 anos de idade en situación de dependencia moderada e severa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a orde que regula a concesión destas achegas económicas en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta pon en marcha as primeiras Unidades Formativas que permiten ás empresas adaptarse ás novas técnicas de produción e exixencias do mercado

Na área de Vigo teñen lugar 2 de cada 3 destes cursos cos que compañías de diferentes ámbitos se benefician de formación á carta en función das súas necesidades.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou hoxe en Vigo da posta en marcha das primeiras Unidades Formativas nas empresas. Con este programa, a Xunta busca axudar ao tecido empresarial a facer da formación un activo que lles permita incrementar a súa competitividade, preparándose así para dar resposta ás novas técnicas de produción, aos perfís laborais máis demandados e ás exixencias do mercado.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Programadas para setembro, outubro e novembro

O Plan de Formación de Turismo presentado oriéntase a mellorar as habilidades profesionais a través de varias accións

Celebraranse seminarios, xornadas e obradoiros sobre internacionacionalización, habilidades de comunicación ou ao redor de asuntos de carácter legal, entre outros.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no acto de presentación da cuarta edición do Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia, unha iniciativa apoiada pola Xunta de Galicia e que incluirá unha ampla oferta de cursos de balde para o sector turístico ata final de ano.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Educación destina 200.000 euros a axudas para que as persoas desempregadas cursen másters oficiais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) no curso académico 2018/2019. O obxectivo é apoiar aos titulados universitarios en situación de desemprego co fin de mellorar as súas perspectivas de incorporación ao mercado de traballo.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Consellería do Mar destina preto de 82.000 euros a fomentar a especialización acuícola a través de catro bolsas de formación

Un salmón salta en una jaula sumergida en frente del sistema de alimentación de una piscifactoría en Indre Oppedal, Noruega,

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de catro bolsas de formación dirixidas a titulados de ciclos formativos en materia de acuicultura. Para a financiación destas estadías, a Consellería do Mar destina preto de 82.000 euros para as anualidades 2018, 2019 e 2020, co fin de fomentar a investigación e especialización en materia acuícola.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta impulsa a innovación en procesos e produtos no forestal cun novo programa de axudas que mobilizará 3,6M€

Green leaves on oak tree against sunny sky in a summer

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), vén de activar unha convocatoria de axudas destinada a impulsar a innovación en procesos e produtos no forestal e que permitirá mobilizar investimentos por un importe aproximado de 3,6 millóns de euros.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

A Xunta favorecerá o financiamento de 100 pemes galegas ao facilitar a concesión de préstamos a través do programa Resolve

A Xunta ten previsto mobilizar 15 millóns de euros en préstamos para impulsar o acceso ao circulante das pemes e os autónomos galegos a través do lanzamento dunha nova convocatoria do programa Resolve, co obxectivo de colaborar co tecido empresarial galego e contribuír ao mantemento do emprego mellorando a situación financeira de arredor de 100 pequenas e medianas empresas.

Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada