Salvaterra empeza a vivir agosto co Mundo a Danzar, O Son da Muralla e Imos de Guateque, entre outros eventos

A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel.

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, presentou a programación que ofrece o Concello de Salvaterra ao seus veciños e veciñas para o verán, baixo o lema “Vive agosto en Salvaterra”.

Achegámonos ao mes de agosto no que comeza a  programación do Verán Cultural. Desde o Concello trabállase para  ofrecer unha programación variada, para todos os gustos e idades, un programa feito e pensado para desfrutar en familia. Unha programación cultural de calidade, cunha proposta diversa, cargada de actividades e festas, onde todos teñen cabida, e que os salvaterrenses xa teñen  nas súas casas, e que conta tamén cunha dimensión transfronteiriza a través da Eurocidade Monação–Salvaterra.

Cine, concertos, folclore internacional, folk, música, humor, Bandas de Música e gastronomía terán o seu espazo.

A programación comeza o sábado 27 de xullo co FESTIVAL DE BANDAS

O luns 29 de xullo, no Recinto Amurallado, teremos o espectáculo de “O MUNDO A DANZAR”.

Xoves 1 de agosto actuacións dos GRUPOS DE BAILE MODERNO DO CASAL, BAILE HIP–HOP CASAL E GRUPO VAI DE BAILE DE LIRA

Venres 2 de agosto, na Praza do Concello, FESTIVAL FOLCLÓRICO DA AC PONTENOVA

Xa un habitual na programación, o sábado 3 de agosto, o Recinto Amurallado acollerá o maior festival DJ ao aire libre de Galicia, O SON DA MURALLA,

O mércores 7  de agosto os máis cativos poderán desfrutar da FESTA DA ESPUMA no Parque Público A Canuda

O xoves 8 de agosto poderemos desfrutar dun espectáculo de teatro – comedia co CIRCO CHOSCO: RISCANDO O CEO.

O venres 9 de agosto actuación das  corais de Salvaterra acompañadas pola Banda de Música de Salvaterra de Miño, na Praza do Concello.

.Sábado 10, Imos de  GUATEQUE, música dos anos 60, 70 e 80 para todos os nostálxicos desa época; entre todos os que veñan caracterizados de época haberá un sorteo dunha viaxe.

.Mércores 14  de agosto, actuación de Coliño Bailongo e espectáculo infantil con Canta Baila con A GUAGUA Animación.

Xoves 15 e venres 16  de agosto, CINE AO AIRE LIBRE, na Muralla, coas películas infantís LOS INCREÍBLES 2 e LEO DA VINCI, MISIÓN MONA LISA

E entramos no último fin de semana de agosto e nos preámbulos da Festa do Viño do Condado, luns 19, martes 20 e mércores 21 de agosto, CURSOS/CATA . As prazas son limitadas. Porase punto e final a esta extensa programación coa FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA que este ano chega á súa 60ª edición; viño, música, gastronomía fan unha conxunción perfecta e fan desta festa unha das mellores da nosa comunidade. Con concertos musicais de LYS PARDO, LA SUPERSONIC, BUDIÑO, MONOULIPUS DOP, 2CON2 e 21 GRAMOS.

“Este verán esperámosvos en Salvaterra de Miño, ven desfrutar con nós!”, anima a alcaldesa, Marta Valcárcel. 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada