Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra: “Teño unha pequena colección de Orquídeas que comecei na 1ª edición da Feira”

Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño, na 4ª Feira-Exposición Internacional de Orquídeas.

Rematada a 4ª Feira-Exposición Internacional de Orquídeas a alcaldesa salvaterrense, Marta Valcárcel, atópase satisfeita: “Foron moitísimas as persoas que se achegaron durante estes dous días á Canuda para desfrutar destas plantas”.

Valcárcel destaca que non existe unha feira similar en Galicia nin no Norte de Portugal. E explica a importancia polas máis de “2.000 variedades diferentes de Orquídeas” que houbo nesta edición.

Tamén valora o desprazamento de visitantes de lugares tan afastados como este ano foi o caso dun afeccionado que viaxou desde Canarias. “Veu a propósito a Salvaterra desde Canarias para mercar especies de Orquídea que non atopa noutros sitios”.

Para as próximas edicións, Marta Valcárcel desvela que se está a traballar para aumentar a oferta e que o evento siga a medrar.

A alcaldesa tamén ten a súa colección de Orquídeas que comezou canda a primeira edición desta Feira-Exposición. “Teño unha pequena colección de Orquídeas que comecei na 1ª edición da Feira”. Os exemplares que mercou ségueos a cultivar. E engade que “sobre as Orquídeas sempre digo que son as grandes descoñecidas porque a miúdose pensa que son plantas complicadas de coidar”.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada