Jorge Vilelo, cociñeiro: “A base da miña cociña é o forno de pedra”

Jorge Vilelo.

Jorge López ou Jorge Vilelo cumpriu, hai catro anos, o seu soño: “dar de comer aos clientes unha cociña tradicional”. Foi cando acordou co propietario do Pazo de Tovar instalar nesta fortaleza o seu restaurante ou, case mellor dito, o seu forno de pedra, “a base da nosa cociña”.

“A miña cociña é tradicional, case ancestral e medieval. Son os asados de toda a vida”.

As especialidades son o leitón, a ovella galega e a faba de Lourenzá, tanto servida en prato frío como quente. A ovella, ás veces, ten que ser substituída polo año de Castela xa que non hai sempre produto galego. Ademais, Jorge fai, cada día, o pan con fariña autóctona e confesa que “engancha” (¡aviso a comensais que queren coidarse!).

Formouse na Escola de Hostalaría de Foz e logo practicou a cociña en distintos restaurantes da comarca. Pertence á Asociación de Cociñeiros da Mariña, ACDM, formada por 6 cociñeiros e un panadeiro.

En ACDM, todos seus membros tratan de divulgar o produto local, o produto de quilómetro cero. Cada membro o seu: Percebes de Rinlo (Ribadeo), Pescada de Celeiro, Bonito de Burela, Faba de Lourenzá…

A clientela, variada coma a vida mesma. As familias con prole atopan neste espazo un lugar ideal para os nenos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
61