Monção e Salvaterra comparten experiencias de formación e emprego na II Semana da Eurocidade

Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra, e o concelleiro de Turismo de Monção.

A  segunda Semana da Eurocidade vaise celebrar a última semana do mes de setembro. O eixo central desta segunda semana da eurocidade vai a ser o coñecemento mutuo dos recursos educativos.

A día de hoxe, existen moitos desprazamentos de alumnado de ámbalas dúas vilas que estuda noutras poboacións próximas. Dende a eurocidade damos un paso máis achegando os recursos educativos de ambos lados da fronteira, coa finalidade de que tantos os organismos oficiais como os usuarios finais, neste caso alumnado de cuarto da ESO do IES Salvaterra, coñezan de primeira man os recursos de que dispón na EPRAMI, Escola Profissional do Alto Minho interior de Monçao.

A oferta formativa para este curso escolar da EPRAMI, vai desde o mantemento industrial, pasando pola mecánica do automóbil, cociña/pastelería, restaurante bar ou estética entre outros ciclos formativos.

Nestas xornadas de formación e coñecemento mutuo, o xoves 26 ás 19.00 horas na Casa do Conde, afondarase na realidade do emprego. Por ser a nosa ponte internacional, unha das máis transitadas por vehículos lixeiros, hai un efecto inmediato que se reflicte tanto no tránsito diario de veciños e veciñas, como na vida comercial, no ámbito do estudos de lecer e por suposto no mercado de traballo. Debido a gran demanda de información dos nosos veciños e veciñas, a Eurocidade debe ser o punto de atención directa para tratar de resolver en primeira persoa as dúbidas dos nosos veciños. A coordinadora do EURES transfronteirizo será encargada de resolver as dúbidas que poidan xurdir non ámbito do autoemprego, modelos de contratos e outras problemáticas que se dan no territorio da Eurocidade.

Outro dos puntos destacados da programación da segunda Semana da Eurocidade é a posta en valor do patrimonio turístico, cultural e natural, coa andaina nocturna que dende o Parque das Caldas de Monçao, percorrerá diferentes puntos de interese e con chegada no miradoiro do río Miño, onde un experto achegará ao mundo da observación astronómica a través da mesa astronómica alí situada. Para participar neste roteiro é preciso inscribirse no enlace e poder así desfrutar dunha experiencia nun enclave privilexiado para este tipo de actividade.

As actividades deportivas tamén están presentes na programación, cunha exhibición de deportes náuticos, tanto no sábado como no domingo, organizado pola Subzone de Monçao en colaboración coa Eurocidade.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada