Pazo de Tovar, unha excepción arquitectónica nas Terras da Mariña

Después de años de progresivo deterioro, teniendo como única finalidad ser vivienda de los arrendatarios, el Pazo de Tovar fue comprado por José Ventoso que arraxouno e fíxoo visitable.

Consérvase tal como se construíu en 1515. Aparenta ser fortaleza pero trátase de todo “un pazo onde poder vivir ben”, di o seu propietario actual José Ventoso. Chemineas, espazos…falan do estilo renacentista que deixou pegada na súa decoración. Por fóra, este castelo declarado Ben de Interese Cultural, BIC, é de estilo gótico Isabelino.Está no municipio de Lourenzá, na comarca de Terras da Mariña.

Ventoso explica cómo non hai nada semellante neste tipo de inmobles en Galicia. É un tipo de castelo típico dos que se levantaron en Castela.

O personaxe que o mandou levantar foi Antonio de Tovar. Un militar de Carlos V que se criou en Madrid. Cara a 1510, foi alcalde de Ribadeo e logo mandou facer esta construción para retirarse en Canedo, parroquia de Santo Tome de Lourenzá, Lugo.

O pazo de Tovar consta xa en documentos do século X por vez primeira. Segundo Ventoso fálase dunha vila e unha torre, a torre de Canedo. Máis adiante, noutros documentos do século XV, xa falan do seu estado ruinoso nesa época.

Antonio de Tovar tivo un fillo e sete fillas, explica José Ventoso. O herdeiro morreu moi xove con 16 anos. A filla maior, que pasou a ser a herdeira, casa cun tal Vázquez das Seixas da fortaleza de Sampaio de Narla, en Friol. Era un ‘segundón’ e polo tanto non estaba chamado a herdar. O verdadeiro herdeiro casa cunha rapaza nova. Entón prodúcese un crime pasional. El mata a muller e o sogro manda executar o xenro. Co cal Sampaio de Narla queda sen herdeiros.

Arredor de 1560, Blanca Pimentel Ribadeneira, filla de Antonio de Tovar que viviera no pazo de Tovar marcha para Sampaio de Narla.

A partir dese momento, no pazo de Tovar nunca máis volveron a vivir os nobres propietarios. Sempre estivo en mans de administradores e sempre habitado por xente humilde.

José Ventoso documentou os últimos 300 anos da vida no Pazo de Tovar. E demostrou que os que viviron no pazo eran arrendatarios da súa familia.

Ventoso naceu no pazo de Tovar e viviu nel ata hai 20 anos. “Marchei de aquí porque non era noso o inmoble e estaba a se derruír. A partir dese momento, tiven a oportunidade de mercalo e compreino. Arranxámolo e fixémolo visitable”.

No pazo está o restaurante do chef Jorge Vilelo que “dá visibilidade, proxección e axuda económica para mantemento desta edificación que é moi custosa”.

No verán, Ventoso contrata un guía para realizar varias visitas ao día.

O edificio é interesante aínda que, sendo abandonado pola familia Tovar hai tanto tempo, carece de mobiliario da época.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada