O CIFP Carlos Oroza convida ao nutricionista Aitor Sánchez para “mellorar os hábitos alimenticios de toda a comunidade educativa”

Aitor Sánchez.

Aitor Sánchez García dará unha charla ao alumnado de cociña, servizos e panadería do CIFP Carlos Oroza, este xoves, 10 de outubro ás 12 horas, na aula de I+D do noso centro. O afamado nutricionista fará un repaso a diferentes cuestións, como os tipos de alimentos, dietas ou publicidade alimentaria.

A charla forma parte do proxecto formativo “A mesa do Oroza”, relacionado coa liña de traballo #Orozasaudable iniciada o curso pasado polo noso centro, e que pretende mellorar os hábitos alimenticios de toda a comunidade educativa, ampliar os coñecementos sobre nutrición do profesorado e en consecuencia o do alumnado, para posteriormente facer difusión das boas prácticas alimentarias con outros colectivos.

Aitor Sánchez pasará o mércores 9 e xoves 10 no noso centro formando e actualizando a parte do profesorado en contidos relacionados coa nutrición, como os alimentos, o etiquetado alimentario ou a elaboración de menús. Para esta última cuestión entre outras, contará coa colaboración da súa socia Lucía Martínez, autora de títulos como “Vegetarianos ConCiencia” ou “Vegetarianos ConCienciaDos”, que ademáis de nutricionista tamén é cociñeira. Desde hai dúas semanas están presentando o seu primeiro libro en común “¿Qué le doy de comer?” sobre alimentación infantil.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
11