Un total de 34 centros públicos da provincia de Pontevedra desenvolverán este curso o programa ‘radio na biblio’

Un niño ojea libros en una biblioteca.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución cos centros que van desenvolver o programa Radio na Biblio ao longo do curso 2019/20. En total serán 80 os centros públicos de toda Galicia – 30 deles de nova incorporación- que participen nesta iniciativa, que ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar. Na provincia de Pontevedra incorpóranse ao programa 12 centros e outros 22 renovan a súa participación.

 

Nova incorporación

Os centros de nova incorporación recibirán fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio. Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

 

A seguinte táboa reflicte os centros de nova incorporación na provincia:

 

Provincia Concello Centro
Pontevedra Moaña CEIP de Quintela
Pontevedra Mos CEIP de Atín-Cela
Pontevedra Pontevedra CEIP de Parada-Campañó
Pontevedra Porriño, O CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
Pontevedra Redondela CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda
Pontevedra Tui CRA Mestra Clara Torres
Pontevedra Vigo CEE Saladino Cortizo
Pontevedra Vigo CEIP García Barbón
Pontevedra Vigo IES Valadares
Pontevedra Vila de Cruces CEIP de Cerdeiriñas
Pontevedra Vilagarcía de Arousa CEIP de Vilaxoán
Pontevedra Vilanova de Arousa CEIP Plurilingüe de San Bartolomé

 

Continuación

Pola súa banda os centros que continúan no programa recibirán unha asignación de 500 euros por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.

 

Os centros que renovan a súa participación na provincia son os reflectidos na seguinte táboa:

 

 

Provincia Concello Centro
Pontevedra Agolada CEIP de Agolada
Pontevedra Bueu CEIP Plurilingüe da Torre-Cela
Pontevedra Cambados CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro
Pontevedra Cerdedo-Cotobade CEIP Plurilingüe de Carballedo
Pontevedra Crecente CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro
Pontevedra Estrada, A CEIP de Figueiroa
Pontevedra Grove, O CEIP Valle-Inclán
Pontevedra Lama, A CEIP A Lama
Pontevedra Marín CEIP de Seixo
Pontevedra Meis CRA de Meis
Pontevedra Moaña CEIP de Seara
Pontevedra Mos CEIP Pena de Francia
Pontevedra Poio CEIP Plurilingüe de Chancelas
Pontevedra Portas CPI Domingo Fontán
Pontevedra Redondela CEIP de Laredo
Pontevedra Rosal, O CPI Manuel Suárez Marquier
Pontevedra Sanxenxo CEIP Plurilingüe Nantes
Pontevedra Silleda CEIP Ramón de Valenzuela
Pontevedra Tomiño CEP Pedro Caselles Beltrán
Pontevedra Tui CEIP Plurilingüe Nº 1
Pontevedra Valga CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo
Pontevedra Vila de Cruces IES Marco do Camballón

 

 

Esta iniciativa enmárcase no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares, que conta entre os seus desafíos o de favorecer a alfabetización múltiple do alumnado a través da creación nas bibliotecas de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. Neles debe traballarse con diferentes recursos e materiais que permitan traballar a expresión escrita e oral ou linguaxes como a radiofónica. Desde eles poderán desenvolverse proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar, vinculados á educación para as competencias en información e medios.

 

Neste sentido a posta en marcha dunha emisora de radio nun centro educativo proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave a través de metodoloxías activas, así como para a alfabetización informacional. De feito, a experiencia cos centros que xa participan en Radio na Biblio demostrou que a radio constitúe unha ferramenta pedagóxica de grande alcance que permite, ademais, darlle a coñecer ao resto da comunidade educativa os proxectos e traballos que se realizan no centro.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1