Enoturismo Galicia presenta en Madrid os recursos das 5 rutas do viño

A través da súa web http://enoturismoengalicia.com infórmase das novas e recursos no seu eido, neste portal tamén se ofrecen plans turísticos.

A marca Enoturismo Galicia, que agrupa a establecementos e adegas das cinco rutas do viño galegas, será a protagonista dun workshop en Madrid, o luns 28 de outubro.
Novotel Madrid Center, a partires das 19.00 horas, será a sede desta acción profesional na que se vai poder  coñecer a oferta de 30 empresas da Ruta do Viño Rías Baixas, Ruta do Viño Ribeiro, Ruta do Viño Ribeira Sacra, Ruta do Viño Monterrei e máis da Ruta do Viño Valdeorras.

Entre os obxectivos desta actividade están promocionar Galicia como destino enoturístico e servir como punto de encontro para o sector, as súas empresas e profesionais.

O Clúster Turismo de Galicia organiza este evento, co apoio da Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia.

Entre os convidados a esta cita están axencias de viaxe; empresas organizadoras de congresos e eventos; prensa; e, en xeral, profesionais dos sectores DMC e MICE.

SINERXÍAS

Impulsada polas cinco rutas do viño en colaboración co Clúster Turismo de Galicia e con Turismo de Galicia, Enoturismo Galicia é unha marca paraugas baixo a que se agrupa a oferta enoturística dos cinco vieiros do viño galegos: Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei.

O seu obxectivo é o adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño que permita dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do país de xeito conxunto, promocionando o enoturismo e a enogastronomía, especialmente de fronte ao exterior, así como xerar sinerxías entre as cinco rutas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada