Os camiños municipais salvaterrenses en Lourido, Fornelos e Meder mellorarán cunha nova capa de rodadura

A alcaldesa salvaterrense asina o convenio cunha representante da empresa.

O contrato da obra ‘Mellora de camiños municipais en Lourido, Fornelos e Meder’  acaba de ser asinada pola alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, coa empresa adxudicataria do concurso público Naron SL. A obra conta cun prazo de execución de 5 meses.

A obra vai ser financiada con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020 e achega municipal con cargo ó orzamento do Concello, por algo máis de 64.000 euros.

A execución desta obra pretende satisfacer a necesidade de mellora de dous camiños municipais. O primeiro deles atravesa as parroquias de Lourido e Fornelos, discorrendo entre os núcleos de Cotorreal e Enxembre; o segundo, localízase na parroquia de Meder, nas inmediacións do núcleo de Codeseda. En ambos os camiños o firme actual de aglomerado asfáltico atópase nun estado “notablemente deteriorado”, afirma a alcaldía. Por iso se baralla con dotar dunha nova capa de rodadura sobre o pavimento asfáltico existente, para mellorar a calidade e seguridade de ambos os camiños.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada