A Xunta destaca ao atleta Francisco Pérez pola súa “capacidade de superación, o esforzo, o sacrificio e a constancia”

 O atleta olívico tamén forma parte da lista de deportistas galegos e galegas que participan na campaña NON de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo na mañá de hoxe un encontro de traballo con Francisco Pérez Carrera, que vén de acadar dúas medallas de ouro en 110 metros valados e en salto con pértega así como unha medalla de prata en héptatlon durante os Campionatos do Mundo de Atletismo ‘INAS Global Games’ para persoas con discapacidade intelectual que se disputan en Brisbane (Australia). Ademais, o atleta vigués da Asociación Viguesa de Atletismo foi nomeado o mellor atleta masculino do campionato.

O responsable do Deporte galego gabou a traxectoria de Francisco Pérez que “xa nos ten acostumados a numerosos éxitos internacionais acadados ao longo dunha prolífica carreira deportiva”. Do mesmo xeito, Lete Lasa, apuntou que estes triunfos contan co valor engadido da “capacidade de superación, o esforzo, o sacrificio e a constancia” e destacou tamén outros valores de Francisco Pérez como o seu compromiso con Galicia e a súa vontade de axudar sempre a quen máis o necesita. Neste sentido lembrou que o atleta olívico tamén forma parte da lista de deportistas galegos e galegas que participan na campaña NON de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada