Expourense organiza a 9ª edición dos Premios

‘Líderes en Calidade’ para celebrar o Día Mundial da Calidade

Cafés Lisboa, o Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Grupo Cuevas, Fundación Paideia, Grupo ALUDEC e ASPANAE son as entidades recoñecidas este ano

Todos os premiados e autoridades.

“Calidade 4.0”. Este é o lema do Día Mundial da Calidade 2019 que se celebrou este xoves e que, como é habitual, Expourense conmemora organizando unha Xornada de Exaltación e entregando os IX Premios “Líderes en Calidade” a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente.

Ten como ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade e do medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente. Deste xeito, poténciase a existencia de empresas e administracións competitivas nun escenario globalizado.

Esta xornada comezou coa mesa de apertura na que participaron o delegado da Zona Atlántica de AENOR, Martín Pit; o director xeral da consultora Serviguide, Borja Galán e a directora adxunta de Expourense, Emma González. Esta última recordou que Expourense foi o primeiro recinto feiral de Galicia e o terceiro de España en certificarse en Calidade e Medio Ambiente. Durante esta mesa quedou patente que a calidade xa non é unha ferramenta para distinguirse da competencia, é unha necesidade, “hai que ser eficientes por necesidade e xa non só coa calidade e co medio ambiente, agora hai que ter en conta outro parámetros como a xestión de riscos, a responsabilidade social corporativa, etc”, indicou Borja Galán.

A entrega de premios contou coa presenza do presidente do comité executivo de Expourense e tenente alcalde de Ourense, Jorge Pumar; do vicepresidente da Deputación de Ourense, Armando Ojea; da delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz; da presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Novoa e do representante de ABANCA, Mateo Alonso. Durante a súa intervención, Jorge Pumar, fixo referencia a que “estas entidades foron recoñecidas por traballar seguindo modelos de xestión baseados na eficiencia e na busca da satisfacción do cliente ou usuario final dos seus productos e servizos. A calidade é unha meta e tamén unha ferramente que permite facer as cousas ben co menos custo posible”.

IX PREMIOS LÍDERES EN CALIDADE

Por noveno ano consecutivo, un xurado integrado polo Comité Executivo de Expourense, a entidade de certificación AENOR e a consultora Serviguide, elixiu ás empresas e institucións merecedoras dos premios “Líderes en Calidade” a empresas e entidades galegas. Éstas pertencen aos sectores que máis preocupan ao cidadán como son a Alimentación, a Sanidade, a Educación, o Medioambiente-Sustentabilidade ou os servizos sociais.

As entidades elixidas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2019 son:

  • * Sector Alimentación. Cafés Lisboa (Ourense).

    A presentación da empresa correu a cargo do seu xerente Francisco Corcobado.

Cafés Lisboa, empresa familiar ourensá de tuesta e envasado de café fundada no ano 1956. Contan coa ISO 9001 e a 14001. Ofrecen productos de gran calidade a prezos competitivos no mercado. Cunha media de 25 empregados no seu cadro de persoal, distribúen unha media de 55.000 kilos de café ó mes por toda Galicia, León, Asturias e Madrid. A presentación da empresa correu a cargo do seu xerente Francisco Corcobado, que indicou que na actualidade non abonda con “controlar a calidade dos productos, hai que garantila”.

  • * Sector Sanitario. Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (A Coruña).

    O premio foi recollido pola xerente do CHUS, Eloína Núñez; e polo Dr. José Ramón Juanatey e por otros traballadores do servizo.

Contan coa certificación ISO 9001. O Servizo de Cardioloxía desenvolve nos últimos anos unha estratexia de mellora continua da calidade nas áreas asistencial, docente e investigadora, apostando pola innovación sanitaria, a nivel tecnolóxico e de servizos. Segundo explicou o cardiólogo Dr. Alejandro Virgós Lamela, é o centro hospitalario con máis número de certificacións de calidade de Galicia, 13 en total e contan coa taxa de mortalidade por infarto de miocardio máis Baixa de España, sendo ata un 50% inferior que noutros hospitais españois”. O premio foi recollido pola xerente do CHUS, Eloína Núñez; e polo Dr. José Ramón Juanatey e por otros traballadores do servizo.

  • * Internacionalización. Grupo Cuevas (Ourense).

    O premio foi recollido polo xerente do Grupo Cuevas, Artur Yuste.

Grupo Cuevas conta con máis de 150 anos de historia. UNha empresa que opera de xeito destacado en sectores como a distribución alimentaria, a industria agroalimentaria e a automoción. Cunha actitude emprendedora, vangardista, innovadora e comprometida socialmente, cinco sociedades operan con cifras destacadas como 500 postos de traballo, unha cifra de negocios de máis de 100 millóns de euros en 2017, e presenza internacional en 32 países dos 5 continentes. A traxectoria da empresa foi presentada porla responsable de comunicación, Marta Cidm quen fixo un alegato polo control e mellora dos alimentos e as bebidas que se consomen co obxectivo de manter a boa saúde a longo prazo. O premio foi recollido polo xerente do Grupo Cuevas, Artur Yuste.

  • * Sector Educación. Fundación Paideia (A Coruña).

    A exposicióne a recollida do premio correu a cargo da responsable de calidade, María Fariña.

A Fundación Paideia Galiza constituíuse en 1986 como un espazo aberto, de debate e reflexión. Promove formación e empregos a persoas con menos oportunidades de acceso ao mercado de traballo, baixo o compromiso da igualdade, a sustentabilidade, e os dereitos, traballando en rede cos axentes sociais, públicos e privados. Mostran o seu compromiso cunha visión social da economía, sen dicotomías entre o que entendemos como un emprendedor social e económico, promovendo, incentivando, potenciando e consolidando pequenos proxectos de economía social e desenvolvemento sustentable. A exposicióne a recollida do premio correu a cargo da responsable de calidade, María Fariña. Está certificada en ISO 14001 e en  EMAS.

  • * Medioambiente. Grupo Aludec (Pontevedra).

    A exposición sobre esta empresa e a recollida do premios correu a cargo de Nuria Rascado, responsable de calidade e medio ambiente.

ALUDEC naceu como unha pequena empresa auxiliar de serigrafía e en tres décadas converteuse nun importante provedor internacional con 400 empregados en varios países. Na actualidade contan coa confianza da industria da automoción, un sector moi esixente cos seus proveedores, e traballan directamente cos principais fabricantes de automóviles mundiais.As súas operación realízanse estrictamente baixo os reglamentos públicos de saúde, seguridade e medio Ambiente.  Cada departamento do Grupo está certificado de xeito independente e ademáis da ISO 9001 e a 14001 coa que contan todos, están certíficados coas normas específicas do sector como a IATF 16949 ou a relacionada Seguridade no traballo. A exposición sobre esta empresa e a recollida do premios correu a cargo de Nuria Rascado, responsable de calidade e medio ambiente.

  • * Servizos sociais: ASPANAES (A Coruña).

A presentación desta entidade correu a cargo da xerente María Teresa Tiemblo e da responsable de calidade, Ana Otero.

Trátase dunha entidade Non lucrativa de Acción Social, que traballa para apoiar ás persoas con Autismo e ás súas familias, creando oportunidades para mellorar a súa calidade de vida. Leva máis de tres décadas prestigiando a súa actividade, sensibilizando e mobilizando á Sociedade para achegala á pluralidade. É a primeira Entidade galega Acreditada pola Fundación Lealdade. As súas contas están auditadas por auditoría externa e todos os nosos Servizos contan con Certificado de Calidade, segundo a Norma- ISO 9001:2015. O seu Valor diferencial é ofrecer recursos especializados nas distintas etapas da vida da persoa con Autismo baixo o modelo de calidade de vida e facilitar aos seus familiares unha Rede de Apoio e de Confianza mutua. A presentación desta entidade correu a cargo da xerente María Teresa Tiemblo e da responsable de calidade, Ana Otero.

 

Con esta actividade xa habitual no calendario de eventos de Expourense, a Fundación contribúe a cumprir os seus obxectivos anuais que pasan por fomentar entre as empresas en particular e o resto da sociedade en xeral: a Internacionalización, a Calidade, a Innovación, Emprendemento e a Formación.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada