Titiriberia abre mañá domingo, na véspera do San Martiño, a súa Barraca na Feira de Francos co espectáculo ‘As varietés do Barriga Verde’

‘As varietés do Barriga Verde’, un espectáculo conducido pola actriz Iria Pinheiro e co acompañamento musical do grupo Áureas.

O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do Concello de Teo e da Deputación da Coruña, continúa mañá coa súa programación para esta cuarta edición.

Na véspera do San Martiño, o festival abrirá a actividade da súa xa habitual Barraca na Feira de Francos. Así, ás 21.30 h.,  dará comezo ‘As varietés do Barriga Verde’, un espectáculo conducido pola actriz Iria Pinheiro e co acompañamento musical do grupo Áureas.

Ao longo da velada, Pinheiro encarnará ao seu personaxe Concha Cocos, unha famosa diva vida a menos, que actuará de anfitrioa e recibirá a audiencia co seu estilo decadente e cabareteiro. Así, a súa intervención servirá de fío condutor nun espectáculo no que se mesturarán música e teatro, intercalándose números de clown, escapismo e manipulación de obxecto a cargo de artistas e compañías como Pajarito, María Dobronich, Quinquilláns, Trécola e Títeres Alakrán.

DÍA DE SAN MARTIÑO

A actividade na Barraca de Titiriberia continuará o luns, día de San Martiño, a partir das 10.30 horas coas compañías galegas Títeres Alakrán, Seisdedos Marionetas e a Cía Indignati da Asociación Galega de Commedia dell’arte, que se encargarán da animación de rúa e do campo da festa con diferentes actuacións que servirán para chamar a atención do público. Ás 11.30 h., na propia Barraca, chegará a quenda de Barriga Verde ataca de novo, espectáculo de Títeres Alakrán, e ás 12.30 h., a artista napolitana Irene Vecchia presentará a súa peza Pulcinella. A actividade na Barraca completarase pola tarde xa co artista de orixe brasileira afincado en Portugal Marcelo Lafontana que ofrecerá a partir das 16.00 h. un pase da súa peza Mamulengo Capiroto, que tamén se poderá ver pola mañá nunha primeira sesión ás 10.30 horas.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada