Na programación do Outono Lírico organizada por Amigos de la Ópera de Vigo

Os críticos Victoria Stapells e Arturo Reverte disertan sobre las ‘Heroínas verdianas: Gilda y sus hermanas’

Reverter

El crítico Arturo Reverter, en Santiago.

A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26) alberga a última actividade incluída na programación do Outono Lírico organizada por Amigos de la Ópera de Vigo. Así, mañá a partir das 20.00 h celebrarase a conferencia ‘Heroínas verdianas: Gilda y sus hermanas’ a cargo dos críticos Victoria Stapells e Arturo Reverter.

Victoria Stapells é historiadora e investigadora no Archivo General de Indias de Sevilla. É unha das maiores expertas sobre a navegación española durante os séculos XVII, XVIII e XIX. Ademais, colabora con diversas publicacións internacionais como Crítica de Ópera.

Pola súa banda, Arturo Reverter, o outro relator que participará na conferencia de mañá, leva desde moi novo levando a cabo un potente labor de divulgación da cultura musical en diversos medios, tanto en prensa escrita en cabeceiras como ABC, La Razón, El Cultural, de El Mundo, como en revistas especializadas: Ritmo, Scherzo (da que é socio fundador) e Ópera Actual. Tamén colaborou en televisión en cadeas como TVE e Tele5 e en radio na emisora Radio Clásica da que foi director en dúas etapas, entre 1982 e 1986 e durante 1990. Dirixe e presenta desde hai décadas o programa Ars Canendi no que analiza a arte do canto.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada