A 4ª Festa do Viño espumoso, o sábado 2 e domingo 3 de decembro, no Castelo da Raíña Dona Urraca

Salvaterra prepárase para destapar centenares de botellas de espumosos

Hai dous cursos, iniciación á cata de espumosos e harmonías de espumosos de DO Rías e diferentes conservas para os que cómpre inscribirse no Concello de Salvaterra

Luís Paadin e o seu fillo Alejandro abrindo coa técnica de degúelle botellas de espumoso na edición do ano pasado, en Salvaterra.

Luís Paadin e o seu fillo Alejandro abrindo coa técnica de degúelle botellas de espumoso na edición do ano pasado, en Salvaterra.

O Concello de Salvaterra de Miño organiza a 4ª Festa do Viño espumoso o sábado 2 e domingo 3 de decembro, no Castelo da Raíña Dona Urraca. Durante a Festa o público asistente poderá degustar espumosos acompañados de ostras, empanada, mexillóns, tapas, embutidos, filloas, bombóns, turrón e chocolate. As adegas participantes venderán tamén os espumosos.

A festa comeza o sábado 2, ás 12.00 horas, coa apertura dos estands, no Castelo da Raíña Dona Urraca. Trala actuación da banda de Gaitas Pontenova, contra as 13.00 horas, exhibirase ante o púbico unha apertura de botellas mediante a espectacular técnica do ‘degúelle a sable’.

Xa na tarde do sábado, ás 17.00 horas, para aqueles que estean inscritos -hai 40 prazas- o primeiro Ambassadeur du Champagnede España, Luís Paadín, impartirá un curso de Iniciación ao mundo dos espumosos. Probaranse 9 viños espumosos (Cava, Champagne, Lambrusco, e outros). Os participantes recibirán un diploma de asistencia.

Unha hora máis tarde, ás 18.00 horas, celebrarase un Showcooking a cargo do Centro de Formación Profesional A Cancela, das Neves.

A noite rematará coa actuación de Terapia de Grupo e Crónicas Pop.

O domingo, día 3, abrénse os estánds no Castelo da Raíña Dona Urraca ás 11.00 horas. Unha hora máis tarde, ás 12.00 horas, nomeamento de Novos Confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos. Ás 12.30, o primeiro Ambassadeur du Champagnede España, Luís Paadín, fará unha presentación, brinde con apertura de espumosos mediante o ‘degúelle a sable’.

A actuación musical, a partir das 13.00 horas, corresponderá a Lorena e Alejandro Soto.

Por la tarde, dende as 18.00 horas, Curso de Harmonías de Espumosos de DO Rías no que probaranse harmonías de 4 espumosos con 6 mostras de diferentes conservas. Para participar, hai que inscribirse previamente no Concello de Salvaterra.

Coa actuación a partir das 19 horas de Carlos Sampedro rematarán as actividades da 4ª Festa dos Espumosos organizada polo Concello de Salvaterra.

Programa.

Programa.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
31