O programa de formación dos profesionais da artesanía galega da Xunta remata cun curso de bixutería na Coruña

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, xunto ao presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentou esta nova iniciativa que inclúe a creación dunha páxina web que dará visibilidade aos comerciantes que apostan por proxectos innovadores nos que o cliente é o centro da súa estratexia empresarial.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, xunto ao presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentou esta nova iniciativa que inclúe a creación dunha páxina web que dará visibilidade aos comerciantes que apostan por proxectos innovadores nos que o cliente é o centro da súa estratexia empresarial. ARQUIVO. 

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abela, visitou hoxe o curso organizado pola Fundación Artesanía de Galicia Está todo no detalle. Remates para bixutería, que comezou onte na Coruña, na sede da Asociación Galega de Artesáns, e ao que asisten dez profesionais da artesanía galega ata o vindeiro día 19 de novembro.

Vázquez coñeceu de primeira man como os participantes melloran a súa técnica e formación en diversos eidos para mellorar e personalizar o seu produto. No curso tamén faise fincapé nas estratexias de establecemento de prezos e presentación das pezas para a súa comercialización.

A acción formativa está dirixida pola deseñadora de xoias inglesa, Charmian Inman, graduada en Deseño de Xoiería, na Escola de Arte Central Saint Martins. O seu labor céntrase no deseño, elaboración e venta de xoias cun enfoque de pezas personalizadas para clientes e coleccións de pequenas tiradas.

O seu interese na promoción da artesanía e o deseño dentro das comunidades locais en todo o mundo levouna a colaborar con ONG´s como o Consello de Artesanías e Deseño de India e, desde 2006, traballou internacionalmente en programas de desenvolvemento no sector de comercio xusto. Estes proxectos, ata o de agora, levouna á India, Nepal, a República Dominicana, Haití ou Kenia. Tras traballar como xerente de produción en Helena Rohner durante a década de 1990, continúa mantendo fortes vínculos con España como directora e titora do curso de deseño de xoiería no IED de Madrid.

Esta acción de formación pecha a folla de ruta para o 2017 da Consellería de Economía, Emprego e Industria para formar un sector artesanal competitivo. A colaboración e a formación entre os profesionais da artesanía e unha das áreas de traballo, que a Xunta de Galicia desexa impulsar, co fin de conservar o coñecemento dos artesáns tradicionais e promover a incorporación de novos talentos ao sector artesanal galego, consolidándoo como un sector de prestixio, competitivo e transversal.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada