Fairway reune na súa inauguración a amantes e profesionais do Camiño

Intervención en la primera jornada de Fairway de Begoña del Río sobre El papel de Protección Civil en Santiago de Compostela.

Intervención en la primera jornada de Fairway de Begoña del Río sobre El papel de Protección Civil en Santiago de Compostela.

Fairway, Forum do Camiño de Santiago, inaugurouse este domingo no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia cunha xornada caracterizada pola afluencia de autoridades, público familiar, peregrinos e interesados en xeral.

O acto inaugural estivo a cargo dos co directores de Fairway, Ana Trevisani e Tono Mugico, e contou coas intervencións de Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; Ángel Perez, director de zona de Correos; e Martiño Noriega, alcalde de Santiago.

Todos quixeron salientar a importancia dunha cita preparada coma punto de encontro transversal dos amantes e profesionais do Camiño, e o agradecemento a todos os que o fan posible. Do mesmo xeito que no Camiño reúnense xentes de distintas orixes, visións e obxectivos, os distintos actores xúntanse e colaboran para poder levar a cabo o Forum do Camiño de Santiago.

A visita institucional permitiu descubrir algún dos máis de 60 expositores presentes, que agrupan a máis de 100 marcas distintas.

Ademais, durante a xornada, numerosas persoas achegáronse a gozar do programa de actividades para todos os públicos e coñecéronse os gañadores do concurso fotográfico “Os valores do Camiño”, organizada por Correos e iPeregrinos.

LUNS

As xornadas de luns e martes en Fairway, Forum do Camiño de Santiago, están preparadas para un perfil máis profesional. Iniciaranse as máis de 1.600 reunións previstas en formato workshop con turoperadores internacionais e as mesas de debate para profesionais.

No congreso de Fairway, ás 10.00 horas chegará o coloquio Camiño de Santiago: 30 anos do primeiro itinerario cultural, coa presenza de Segundo L. Pérez López, deán da Catedral de Santiago; María del Carmen Martínez Ínsua, directora xeral de Patrimonio Cultural e Natural do Consello de Europa; e José María Ballester Fernández, ex director de Cultura, Patrimonio Cultural e Natural do Consello de Europa.

Ás 12.00 será a quenda da mesa A xestión pública coordinada do Camiño, é posible? que contará coas intervencións de Joaquín Palacín Eltoro, director general de Ordenación del Territorio del Gobierno de Aragón; Xosé Regueira Varela, deputado de Turismo da Deputación da Coruña; e Marta Lois González, concelleira de Turismo en Santiago de Compostela.

A tarde comezará co relatorio de Alessandro Scafi “On the way of heaven” ás 16.00 horas. Scafi é doutor en Historia Medieval e do Renacemento en The Warburg Institute, da Universidade de Londres.

Seguirá coa presentación ás 17.00 horas de ’Camiño de Santiago e Kumano Kodo’ por parte de Bradley Towle, Promotion Manager de Kumano Tourism Bureau’ e Flavia Ramil, xerente de Incolsa, Turismo de Santiago.

Ás 17.15 chegará a Fuorivia Egnatia, da man de Giulia Motta e Andrea Radouan Mounecif, presidenta e vicepresidente, respectivamente, de Fuorivia.

Para rematar, ás 18.15 terá lugar a presentación de Spacio Vita: ‘Camina-T. Desenvolvemento humán  no Camiño’, da man de Nekane Soto Guerrero, experta en adestramento de equipos e liderazgo.

MESAS

Pola tarde, representantes profesionais e institucionais reuniranse en dúas mesas de debate, que centraranse na Capacidade de carga e capacidade de acollida no Camiño Francés de 16.00 a 17.30 horas e na Planificación, coordinación e dixitalización: Camiño Inglés de 18.00 a 19.30 horas.

PRESENTACIÓNS

A mañá do luns terá, ademais, tres presentacións institucionais, sobre o Camiño Inglés, o Camiño Portugués e O Camiño con Correos.

INICIATIVA DENDE SECTOR PRIVADO

Fairway, Forum do Camiño de Santiago, naceu da iniciativa privada. Está promovido pola maiorista-minorista Viaxes Viloria; a axencia de marketing Mr Turismo; e Trevisani, empresa de organización de eventos, protocolo e relacións públicas, e comunicación.

Conta co patrocinio principal de Correos; a colaboración institucional da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago; e máis o apoio de Paradores, Catedral de Santiago, Clúster de Turismo de Galicia e de distintas entidades patrocinadoras e colaboradoras.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada