A Xunta duplicou nos últimos tres anos o importe das axudas para entidades sociais, ata chegar a máis de 10 millóns de euros na convocatoria 2017-2018

Feijóo e Julián Barrio, arzobipo de Santiago e o alcalde de Santiago, entre outras autoridades.

Feijóo e Julián Barrio, arzobispo de Santiago e o alcalde de Santiago, entre outras autoridades.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, durante unha visita ás instalacións do novo Centro de Atención Social Continuada Vieiro, o labor das entidades sociais para tecer a rede de benestar e prestar apoio aos que máis o necesitan.

Nesta liña, resaltou e agradeceu o importante labor solidario e de loita contra a pobreza que Cáritas realiza, referíndose a esta entidade como “un axente imprescindible para unha política social real e efectiva”. “Agradecer a vosa dedicación e o voso compromiso”, dixo, ao tempo que garantiu o apoio da Xunta, reflectido en 2017 nunha achega de preto de 370.000 euros para Cáritas Santiago, a maior achega dos últimos nove anos.

“Hoxe estamos a visitar un servizo de referencia para as persoas sen fogar. Aquí dispoñen, entre outras cousas, dun servizo médico; dunha consigna para gardar as súas pertenzas; dun almorzo; de actividades de ocio; orientación prelaboral; e, sobre todo, de persoas que os axuden, os escoiten e os guíen”, aseverou.

Ao longo da súa intervención, Feijóo asegurou que o Goberno galego seguirá traballando polos máis desfavorecidos desde unha tripla perspectiva: apoiando aquelas entidades que loitan contra a exclusión social a pé de campo, desde a contorna máis próxima a quen sofre, duplicando nos últimos tres anos o importe das axudas para entidades sociais, ata chegar a máis de 10 millóns de euros na convocatoria 2017-2018. Así como impulsando a colaboración con outras administracións e co tecido social, unha filosofía recollida na Axenda Social Única, pactada con máis de 40 entidades sociais e que suma os esforzos da Xunta, das deputacións, dos concellos e das entidades para facer fronte ás situacións de exclusión.

Por último, destacou que a pesar de que a situación económica está mellorando e cada vez máis persoas teñen un emprego, a Administración autonómica segue a reforzar os fondos destinados á loita contra a pobreza. Non en van, en 2018 a Xunta destinará a políticas de inclusión 112 millóns de euros.

Así mesmo, a Renda de inclusión social de Galicia (Risga) contará cunha partida de 62 millóns de euros.

Feijóo concluíu lembrando que en total, o orzamento do Goberno galego para as políticas sociais en 2018 ascende a 700 millóns de euros, un incremento de máis do 9% con respecto a 2017.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada