Galicia defende en Bruxelas máis flexibilidade na aplicación da prohibición dos descartes de pesca que establece a unión europea

Mercedes Rodríguez reiterou que a política de descartes cero é moi difícil de aplicar por iso a Xunta sempre se defendeu a necesidade de evitar progresivamente os descartes de pesca, tendo en conta estudos rigorosos avaliando cada especie e cada caladoiro.

Mercedes Rodríguez reiterou que a política de descartes cero é moi difícil de aplicar por iso a Xunta sempre se defendeu a necesidade de evitar progresivamente os descartes de pesca, tendo en conta estudos rigorosos avaliando cada especie e cada caladoiro.

Galicia defende en Bruxelas a aplicación de medidas máis flexibles na prohibición dos descartes de pesca que establece a Unión Europea. A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, participou no grupo de traballo Ferramenta de análise para as especies de estrangulamento: resultados e implicacións, no marco da conferencia sobre a obrigatoriedade de desembarcar todas as capturas, organizada pola Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas e pola DG MARE en Bruxelas.

No transcurso do grupo de traballo, Mercedes Rodríguez trasladou que a política de descartes cero, tal e como a establece a Unión Europea, é moi difícil de aplicar polo que reiterou que desde o Goberno galego sempre se defendeu a necesidade de evitar progresivamente os descartes de pesca, tendo en conta estudos rigorosos avaliando cada especie e cada caladoiro. Ademais, a directora xeral lembrou que a Xunta xa vén traballando neste aspecto desde o ano 2012 e así se amosou no ditame de Galicia ante a proposta da reforma da Política Pesqueira Común.

Así, en canto ás medidas de maior flexibilidade na aplicación da obriga de desembarque das capturas, Mercedes Rodríguez destacou que Galicia propón algunhas como o alugueiro ou a compra de cota ou o incremento de cotas para achegarse á composición das capturas. Tamén o establecemento dunha reserva comunitaria de capturas accidentais de cotas de pesca ou o uso de artes selectivas.

Neste sentido, a responsable de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica reiterou que a obriga de desembarque tal e como se propón resulta de difícil implementación a curto e a medio prazo xa que choca frontalmente co criterio de reparto de cotas de pesca da Unión Europea, o mal chamado principio de estabilidade relativa, establecido hai 30 anos, nun momento no que non existía a obriga de desembarque de capturas. Ademais, recordou que a Xunta encargou un estudo ao grupo de investigación en economía pesqueira da Universidade de Santiago para coñecer o custo da obriga de desembarque de capturas e como vai influír no emprego das posibilidades de pesca.

Na avaliación destes aspectos, explicou a directora xeral, entra en xogo a problemática das denominadas especies de estrangulamento ou choke especies, provocada pola incompatibilidade do principio de estabilidade relativa coa prohibición dos descartes. Estas especies son aquelas que non teñen cota ou a cota é escasa e que se encontran entre as capturas dos barcos. Unha situación que provoca abortar a posibilidade de pesca xa nas primeiras semanas ou meses do ano.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada