Banda de Música Xuvenil de Xinzo, 1ºPremio AGADER

A BMXX acada o primeiro premio dos VIII Premios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) convocados a través da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, cun premio de 15.000€.

A BMXX acada o primeiro premio dos VIII Premios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) convocados a través da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, cun premio de 15.000€.

Este mércores 15 de novembro de 2017 foi un día único na historia da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. O presidente da agrupación Francisco Jesús Represas, recollía o Primeiro Premio AGADER ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural nun marco incomparable: o Parador de Santo Estevo, en Ourense.

Baixo o nome “A música, factor de desenvolvemento socio-económico na comarca do Condado” e o apoio de numerosas personalidades do panorama político, empresarial e cultural galego, presentaba a Banda de Música Xuvenil de Xinzo a súa labor como axente dinamizador máis alá do ámbito educativo e cultural, representando un instrumento transversal ao servizo da mocidade de Xinzo e a comarca do Condado, co obxectivo de xerar unha sociedade rural moito máis dinámica, viva e cohesionada.

A candidatura da Banda de Música Xuvenil de Xinzo dirixíase á categoría de “proxectos realizados por mozos e/ou que teñan a ese colectivo como principal beneficiario”, cun premio de 15.000€, ao configurarse como unha Asociación Xuvenil que promove o desenvolvemento rural actuando como un axente socio-económico que vai máis alá do ámbito da educación e da cultura.

Esta Asociación Xuvenil realiza ininterrompidamente dende 1979 actividades relacionadas coa música orientadas á mocidade de toda a comarca do Condado. Conta cunha traxectoria de case trinta anos de fecunda actividade, facilitando o acceso aos estudos musicais da poboación máis nova con menos recursos económicos das zonas rurais do Condado, converténdose así nun activo axente social que impulsa á vitalidade, a promoción de valores e a oferta de servizos desta parroquia ponteareá.

A BMXX conta dende 1998 con Escola de Música propia, a cal representa unha poderosa ferramenta de dinamismo social, educativo e económico ao servizo da poboación rural. Na actualidade, a Escola de Música de Xinzo conta con máis de 100 alumnos/as da maioría das poboacións da comarca do Condado, con idades

comprendidas entre os 3 e os 25 anos, mantendo os veciños das parroquias limítrofes unha participación moi activa na vida socio-cultural, económica e educativa de Xinzo.

Destacan tamén a súa labor de difusión dos valores da igualdade de xénero, cooperación e esforzo entre a mocidade. Dende a dirección da BMXX séguese a premisa de que o cadro de profesorado da súa Escola de Música sexa paritario. Ademais, tamén incentívase que os mozos e mozas que desexen iniciarse no estudo dalgún instrumento musical, o fagan en aqueles nos que a prevaleza de sexo sexa oposta. Destacar que a BMXX foi a primeira Banda de Música de carácter Xuvenil en Galicia que contou nas súas filas cunha muller tocando a tuba.

Ademais esta Asociación Xuvenil representa unha fonte de xeración de emprego dirixido á mocidade, actualmente contan cun cadro paritario de 8 profesores menores de 35 anos con titulación superior.

Nos últimos dous anos procederon dun xeito innovador dentro do seu eido, a regularización fiscal, laboral e administrativa de toda a xestión da Asociación Xuvenil. Sendo a primeira Asociación Xuvenil do eido cultural en Galicia que procedeu a cometer todo este proceso de regularización o que significou, entre outras cousas, unha mellora na calidade e condicións laborais de todos os traballadores e traballadoras. Na actualidade o modelo de regularización seguido pola BMXX é un referente autonómico, copiándoo diferentes Bandas de Música Populares de Galicia que están iniciando este proceso de regularización.

Froito do bo traballo feito dende a súa fundación, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo acadou diversos premios e recoñecementos a nivel municipal, provincial e autonómico, entre os que se destacan: 1º e 2º Premio no VIII Certame Galego Bandas de Música nos anos 2014 e 2012, 1º Premio no Certame Provincial de Bandas de Música nos anos 2009, 2011 e 2014, ou o Premio 2014 do Concello de Ponteareas pola súa contribución no eido cultural.

Así mesmo, no pasado mes de maio a Asemblea Xeral de dita Asociación Xuvenil acordou por unanimidade constituír unha fundación co obxectivo de potenciar economicamente á BMXX, tratando de buscar financiamento alternativo dende empresas privadas, co fin de que dita Asociación Xuvenil poda seguir crecendo. Este aspecto tamén destaca no eido innovador por ser a primeira Asociación Xuvenil en Galicia que constitúe a súa propia Fundación. Constatando dun xeito destacado a contribución da BMXX á actividade económica da parroquia de Xinzo e de toda a comarca do Condado.

A BMXX edita o seu primeiro CD en 2010 con motivo do seu XX aniversario, e posteriormente no ano 2014 edita o seu último traballo discográfico con obras musicais inéditas do compositor Reveriano Soutullo de Ponteareas, un claro exemplo de como esta Asociación Xuvenil tamén promove a investigación e difusión do patrimonio cultural e artístico da comarca do Condado.

Esta Asociación Xuvenil conta cun gran apoio social, aglutinando a 500 socios e socias de toda a comarca do Condado. De igual forma, esta candidatura aos premios AGADER tamén contou con destacados apoios de diferentes perfís (social, político, musical, cultural, educativo, etc.):

 

  • Vicepresidente da Xunta de Galicia.

 

  • Presidenta da Deputación de Pontevedra

 

  • Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia.

 

  • Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.

 

  • Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

 

  • Xerente da SA. para a Xestión do Plan Xacobeo de Galicia.

 

  • Alcalde do Concello de Ponteareas.

 

  • Ex-Alcalde do Concello de Ponteareas.

 

  • Portavoz do Partido Popular na Corporación Municipal do Concello de Ponteareas.

 

  • Axentes de Desenvolvemento Local de diferentes Concello do Condado.

 

  • Presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta.

 

  • Asociación Forestal de Galicia.

 

  • Asociación Galega de Profesionais de Desenvolvemento Local.

 

  • Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

 

  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.

 

  • Conservatorio de Música Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas.

 

  • Banda de Música Municipal de A Coruña.

 

  • Fundación Rogelio Groba.

 

  • Fundación Reveriano Soutullo.

 

 

 

 

  • Federación Galega de Bandas de Música Populares.

 

  • Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.

 

  • Centro de Estudos de A Paradanta e O Condado.

 

  • Premios Cumes do Suido.

 

  • Mancomunidade de Veciños e Montes de Xinzo.

 

  • Centro Cultural de Xinzo.

 

  • Asociacións de doentes.

 

 

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo, quere mostrar o seu agradecemento a todos aqueles que creen neste proxecto que o apoian e contribúen ó crecemento da Asociación, este premio é de todos.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1