Educación destinará máis de 2,4 millóns a accións de I+D+i na Universidade de Santiago de Compostela

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o reitor de USC, Juan Viaño,  asinaron hoxe un convenio de colaboración a través do que se despregarán diferentes actuacións para preparar a Universidade para os retos do século XXI.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o reitor de USC, Juan Viaño, asinaron hoxe un convenio de colaboración a través do que se despregarán diferentes actuacións para preparar a Universidade para os retos do século XXI.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño; asinaron hoxe un convenio de colaboración a través do que o departamento educativo do Goberno galego destinará un total de 2.455.002 euros ao desenvolvemento de accións de I+D+i na USC. Deste xeito a Xunta de Galicia reforza o seu apoio á investigación universitaria, de acordo coa aposta polo crecemento intelixente que fai o Plan estratéxico de Galicia 2015-2020.

Neste sentido o conselleiro explicou que, no contexto do novo mapa de titulacións, este convenio significa non só estimular a actividade investigadora na universidade máis antiga de Galicia, senón facelo coa vista posta xa na folla de ruta que xa esta sobre a mesa para o Sistema Universitario de Galicia no século XXI, que deberá estar definida por un “triplo e”: Eficiencia, Especialización e Excelencia. Especialización a través do apoio ao Campus da Cidadanía e do avance nos obxectivos estratéxicos do Campus Terra; e excelencia, contribuíndo a mellorar o equipamento científico da USC, a dar visibilidade ao labor dos centros de investigación que xa traballan baixo o apoio da Xunta de Galicia; así como a reforzar a área de Matemáticas.

EQUIPAMENTO Y DIVULGACIÓN

O investimento centrarase en cinco áreas. Deste xeito, a achega da Consellería servirá para cofinanciar os investimentos en infraestruturas e equipamento científico-técnico concedidos nominalmente pola Resolución do 7 de decembro de 2016, da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, de tal forma que o orzamento complementario que tería que achegar a USC vai ser asumido integramente pola Xunta de Galicia. Entre outros instrumentos, poderase instalar un acelerador lineal de electróns, unha plataforma bioanalítica no CIMUS, un equipo de microscopía confocal spinning disk no CIQUS, infraestruturas para grandes e medianos animais no CEBIOVET… A este fin destinaranse 1.075.002 euros.

Así mesmo, e para difundir a excelencia dos centros de investigación galegos, 30.000 euros do orzamento destinarase a programar unhas xornadas de portas abertas nos Centros Singulares de Investigación da USC, financiados de xeito competitivo polo Programa de axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia.

30.000 euros do orzamento destinarase a programar unhas xornadas de portas abertas nos Centros Singulares de Investigación da USC

Nelas desenvolveranse experiencias e demostracións que, baixo criterios de divulgación científica, poñan en valor as actividades de I+D e os procesos de xeración de coñecemento que desenvolven en Galicia estes centros. As actuacións programaranse de xeito específico para centros educativos de primaria e secundaria e para o público en xeral, co fin de dar a coñecer á sociedade a actividade científica que se realiza na USC e aumentar a súa visibilidade e proxección social.

REFORZO DA ÁREA MATEMÁTICA

Outra das accións que vai subvencionar o convenio será o Plan de lanzamento da Área de Matemáticas, no marco do Protocolo de colaboración entre a Consellería e a USC para o posicionamento estratéxico da área de Matemáticas asinado o 23 de setembro de 2016, ao que se destinarán 500.000 euros.

Dentro del, colaborarase na contratación durante dous anos de catro investigadores posdoutorais e durante un ano de 14 xoves investigadores, ademais de ofrecer un programa de 15 bolsas para

CAMPUS DA CIDADANÍA

Por outra banda, e no marco da estratexia de especialización de campus no Sistema Universitario de Galicia, a Consellería apoiará con 30.000 euros a través deste convenio o deseño e redacción do Plan Estratéxico para a conformación do Campus da Cidadanía.

Cómpre lembrar que, a través deste campus, a USC quere converterse en referente de excelencia no ámbito da investigación e a docencia en Ciencias Sociais e Humanidades, cun campus transdisciplinar que conxugaría disciplinas como a pedagoxía, a psicoloxía, a ciencia política, a filosofía, as ciencias da cultura, a economía, a comunicación, a historia ou a xeografía, entre outras.

CAMPUS TERRA

Así mesmo o convenio ao que hoxe deu luz verde o Consello da Xunta ten como obxectivo axudar á consolidación do Campus Terra, completando o desenvolvemento do seu plan estratéxico cunha achega de 820.000 euros. Neste marco contémplanse tres obxectivos principais, nomeadamente o mantemento das estruturas de gobernanza do Campus Terra, o desenvolvemento dos plans operativos elaborados no primeiro plan de acción e a materialización das accións estratéxicas indicadas nese mesmo plan.

Cómpre lembrar que a Consellería xa asinou un convenio en 2015 coa USC para dar soporte á primeira fase do desenvolvemento do plan estratéxico do Campus Terra, concretamente para o período 2015-2016; mentres que este novo acordo se refire ao ano 2017.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada