Espinosa: “O destino de olivas para o consumo directo pode ser unha alternativa máis para pequenas producións”

IMAG0823A elaboración de xeito artesanal de olivas con base en salga, e na procura da súa conservación e sanidade, sen risco de que se desenvolvan microorganismos que poidan supoñer perigo para a saúde foi o obxectivo dun seminario–obradoiro para un achegamento á elaboración de conservas vexetais dende a preparación Mai de olivas en salmoira, impartida polo Biólogo licenciado José Espinosa, que contou cunha asistencia de 22 persoas, o pasado 22 de novembro no Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía do IES. de Quiroga.

“Foi de especial interese para aqueles que, dispoñendo dunha plantación xoven, a cantidade de olivas de que dispoñen é escasa para a obtención de aceite, sen esquecer que o destino de olivas para o consumo directo pode ser unha alternativa máis para o sector”, puntualizou Espinosa.

Esta actividade organizouse por Amiaquigal, Amigos dos Aceites de Quiroga e Gallaecia, asociación de ámbito nacional recentemente constituída na Ribeira Sacra e con sedes en Monforte e Quiroga, esta última en proceso de dotación mobiliaria. Ten a súa orixe en participantes en diversos cursos e seminarios que se desenvolveron arredor da análise organoléptica en Ponferrada, A Rúa e Monforte. Estes centráronse na análise organoléptica como ferramenta diagnóstica e de control de calidade dos aceites ademais do seguimento de todos os procesos dende o oliveiral ata a almazara e almacenamento, sen esquecer aspectos como as maridaxes e a información que debe levar cara ó consumidor.IMAG0819

Polo tanto, “desenvolvendo a súa actividade nos ámbitos da consecución de produtos de calidade técnica, ocupa un espazo vacante conducente a calidade dos procesos e productos finais obtidos, sen esquecer a súa divulgación e promoción”, sinalan desde a organización do curso.

Como colofón a esta actividade, previuse a súa degustación para a segunda quincena de decembro, data na que se prevé concluído o proceso de salgado e estabilización iniciado na sesión presencial, ao incluílas como un complemento dun “viño galego” co gallo da  inauguración da oficina de Amiaquigal no Centro Ocupacional Municipal de Quiroga, edificio da antiga cárcere.

IMAG0818

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada