A Xunta de Galicia invita o estudantado galego a participar na XXIV edición do concurso Euroscola

Fundacion Galicia europa.A Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, en colaboración coa Representación en España da Comisión Europea, a Secretaría do Estado para a Unión Europea e a Secretaría de Estado de Cultura convoca a XXIV edición do concurso Euroscola centrado na celebración no 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, cuxo lema é O noso patrimonio: onde o pasado se atopa co futuro.

O obxectivo desta convocatoria é reflexionar cos mozos e mozas sobre o que significa o patrimonio cultural europeo. O patrimonio cultural une a través da súa historia e os seus valores comúns. Non só é un valor do pasado, tamén nos axuda a crear o noso futuro como europeos e atopar camiños comúns de entendemento e unión.

O concurso busca implicar aos mozos e mozas, a través dos centros escolares, nos obxectivos do Ano Europeo: o intercambio e a valoración do patrimonio cultural de Europa como recurso compartido, concienciar sobre a importancia da nosa historia e os nosos valores comúns, reforzar o sentimento de pertenza a un espazo común, sensibilizar sobre a nosa historia e fomentar o diálogo intercultural. O patrimonio é un recurso imprescindible para a construción do futuro de Europa, polas súas dimensións educativas, sociais e culturais, especialmente destacadas en España, ao ser o segundo país máis visitado do mundo.

A inscrición no concurso, xa aberta, formalízase directamente a través internet e poden participar nesta iniciativa todos os centros escolares de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato ou ciclos de Formación Profesional de grao medio establecidos no territorio nacional. Para participar é necesario inscribirse por equipos, formados por 10 alumnos/as, de entre 15 e 18 anos, e un profesor responsable que será o líder e representante do equipo.

O certame consiste na elaboración dun vídeo cunha duración máxima dun minuto e medio, cuxa temática se base nalgún dos obxectivos do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, como por exemplo: promover a participación e o achegamento dos europeos ao seu patrimonio cultural; fomentar o intercambio e a apreciación do patrimonio europeo; reforzar o sentimento de pertenza a un espazo europeo común; animar a máis persoas a descubrir e comprometerse co patrimonio cultural europeo, entre outros.

Os vídeos poderán realizarse en castelán, así como nas linguas oficiais das respectivas Comunidades Autónomas ás que pertenzan os equipos. Deberán ser orixinais e sobre a temática sinalada; en calquera formato compatible coas plataformas Youtube ou Vimeo; e a técnica será libre. Cada equipo deberá realizar ademais un vídeo making of no que se presenten ao docente responsable do equipo, aos alumnos/as integrantes do mesmo e se vexa ou describa a implicación de cada un deles no proceso de creación necesario para a realización do vídeo.

A organización do calendario de traballo dos equipos é libre baixo a guía do seu profesor líder, mais o prazo de remisión do vídeo remata o 12 de abril.

Os equipos gañadores obterán como premio a participación no programa Euroscola do Parlamento Europeo na súa sede en Estrasburgo e unha axuda económica para parte da viaxe. Están previstos ademais 15 premios Euroscola en función das comunidades e cidades autónomas.

No caso da Comunidade Autónoma de Galicia, o equipo gañador recibirá un premio propio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado consistente nunha fin de semana de ocio educativo nunha instalación xuvenil dependente do departamento autonómico.

A participación neste programa é unha experiencia única para que os/as alumnos/as dos centros escolares poidan vivir de cerca o proxecto de integración europea. Os estudantes gañadores de España poderán compartir esta experiencia, que os converterá por un día en eurodiputados na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo, con mozos e mozas seleccionados dos outros estados membros da UE.

Os mozos e mozas finalistas coñecerán de primeira man o traballo dos eurodiputados a través de debates sobre temas de actualidade para a mocidade, negociacións co resto de participantes e a votación ou adopción de acordos sobre temas de actualidade europea.

A través desta iniciativa se lle da aos estudantes a posibilidade de interactuar e intercambiar información nun idioma distinto. O alumnado presentará, en inglés ou francés, o seu centro escolar e a rexión de procedencia, como un intercambio de coñecementos que reflexa a diversidade dos pobos de Europa e enriquece o diálogo cultural.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada