A parcela de Granitos podería achegar 100 prazas de aparcamento gratuito en Ponteareas

C:UsersDELINIANTE01DesktopconcellodibujoJODORIJODORI 2018O goberno de Ponteareas avanza na xestión da ampliación de prazas de aparcamento gratuítas que faciliten a visitantes e veciños o estacionamento no centro urbano.

O goberno local agarda pechar nas vindeiras semanas un acordo para a cesión dunha parte da parcela de Granitos, a situada nos arredores da Avenida de Galicia coa rúa dos Carballos, para acondicionala como aparcamento libre e gratuito.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, mantivo un encontro en Madrid coa familia de D. Feliciano Barrera, propietarios da parcela para avanzar más xestións e agradeceu a boa disposición para acadar un acordo.

Estas novas prazas sumaranse ás que se activaron neste mandato; unha zona de aparcamento na Avda Castelao de 53 prazas así como a ampliación de máis  de 40 prazas en Santa Ana.

O goberno de Ponteareas, liderado polo nacionalista Xosé Represas e a socialista Chus Garrote, continúa na súa aposta de mellorar e ampliar a oferta de servizos á cidadanía e de apoio a actividade  comercial, facilitando deixar o coche en zonas céntricas para poder realizar as súas actividades diarias no centro urbano con comodidade. Nestes meses acometerase tamén unha mellora dos aparcamentos existentes así como a súa formalización con documentos de cesión que na maioría dos casos non existía, “os aparcamentos contribuen a dinamizar o comercio local e dende goberno xestionaremos a consecución de novos espazos mentres non se produza a aprobación definitiva do Plan Urbanístico e a súa xestión para lograr novos equipamentos e dotacións”

Actualmente, contase con aparcamentos públicos gratuitos en Santa Ana, Rosalía de Castro, avenida Castelao, Paseo Matutino, “Ponteareas Ciudad” e Amado Garra.

 

Dende o goberno local queren agradecer a disposición dos propietarios das parcelas de aparcamentos pola súa disposición para habilitar estas zonas. Represas e Garrote indicaron que continuarán coas xestións para contar con mais zonas de aparcamento.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada