Galicia e Norte de Portugal colaboran para potenciar o Camiño portugués e a súa promoción turística conxunta

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá no Cumio de Turismo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá no Cumio de Turismo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O Cumio de Turismo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal incidiu hoxe na importancia de potenciar a promoción turística conxunta e, especialmente, o Camiño Portugués a Santiago de Compostela, que está a experimentar un crecemento exponencial nos últimos anos, e o turismo de cruceiros.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta maña no cumio xunto á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o director general de Turespaña, Manuel Butler; o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, e o cónsul xeral de España en Oporto, Aleix Garau Montané.

Rueda destacou a importancia da cooperación, tanto a nivel político como entre empresas, para facilitar a coordinación de investimentos en favor do cidadán. Esa coordinación implica á sociedade civil xerando un clima de confianza mutua que estimula os negocios e o traballo conxunto. Todas esas vantaxes, sinalou o vicepresidente, multiplícanse no caso do turismo.

Nese sentido, apostou por defender a marca conxunta ‘Dous países, un destino’ e mellorar a proxección internacional, a colaboración público-privada e a adaptación ao novo turista dixital. Incidiu en que este é o mellor momento para apostar pola estruturación da oferta turística, poñendo énfase na promoción do patrimonio natural e cultural, o desenvolvemento sustentable e a utilización de tecnoloxías da información.

O vicepresidente resaltou a puxanza da Eurorrexión potenciada polos instrumentos de cooperación transfronteiriza, como a Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT), o financiamento que proporcionan os fondos do POCTEP ou a estratexia que diseña o Plan de Investimentos Conxuntos ou a RIS3.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada