O meteorólogo Martín Barreiro, pregoeiro da 58ª Festa da Lamprea de Arbo

Martín Barreiro, pregoeiro da 58º Festa da Lamprea de Arbo co alcalde da vila, Horacio Gil Expósito.

Martín Barreiro, pregoeiro da 58º Festa da Lamprea de Arbo co alcalde da vila, Horacio Gil Expósito.

A LVIII edición da Festa da Lamprea de Arbo comeza oficialmente o venres 27 de abril, ás 17.30 horas coa inauguración da ARBOMOSTRA, na que se poderá degustar lamprea por racións a precios populares e desfrutar dos mellores viños con DO Rías Baixas, para seguir coa celebración da Gala da Lamprea no auditorio do Centro Multiusos, ás 20.30 horas coa actuación de Bruxo Queimán e Andrea Pousa e a entrega dos diplomas aos premiados nos diferentes concursos de debuxo, redacción e carteis. A música de Pelepau porá o broche de ouro á xornada nun concerto que terá lugar na Praza do Mercado a partir das 23.00 horas.

O día grande será o sábado 28. Despois da recepción das autoridades, o meteorólogo e presentador lucense Martín Barreiro Carreira, meteorólogo especializado na comunicación, que actualmente presenta na TVE, será o encargado de ler o pregón antes de que comece o Xantar da Lamprea. Pola noite a diversión está garantida cos grupos de pop-rock Supernatural, coa voz da galega Thais Rudiño e X-matone, liderado polo arbense Tomás Puga.

O domingo 29 será o fin de festa, coa carpa de degustación aberta dende as 11.00h e diversas actuacións e actividades para todos os públicos ao longo de toda a xornada.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada