A Xunta apoia a Escola de Baile Media Punta, de Vigo, na súa participación da Copa do Mundo de Baile

Escola de Baile Media Punta de Vigo.

Escola de Baile Media Punta de Vigo.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará á Escola de Baile Media Punta, de Vigo, na súa participación da Copa do Mundo de Baile (Dance World Cup) que congregará máis de 12.000 participantes de 47 países en Sitges (Cataluña). O departamento de Cultura da Xunta encargarase de aboar os gastos de desprazamento de todo o grupo de bailaríns a este evento que se celebrará a finais de xuño.

Así llo transmitiu esta mañá o conselleiro Román Rodríguez á directora da escola, Cristina Rodríguez, nun encontro cos integrantes desta formación, no que tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

A Escola de Baile Media Punta foi proclamada campioa de España no último campionato de nacional, polo que 146 dos seus bailaríns están clasificados para a cita a nivel mundial na mencionada cidade catalá.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada