Ponteareas organiza un obradoiro de cociña saudable para os máis cativos e cativas

Fragmento do cartaz anunciador.

Fragmento do cartaz anunciador.

Os máis pequenos e pequenas dos fogares ponteareáns poden participar no obradoiro de cociña saudable que terá lugar na praza de abastos este sábado 26 de maio, de 11 a 13 horas.

O obradoiro dirixido a maiores de seis anos é totalmente de balde e enmárcase dentro da campaña “Quere o teu Mercado” da Xunta de Galicia.

Os e as futuras chefs prepararán unha receita e un postre con algúns dos saborosos e saudables produtos que os consumidores poden atopar nas prazas de abastos.

Todos os que queiran participar tan so teñen que chamar ao 644 896 840 para reservar unha das trinta prazas dispoñibles.
Inés Vidal explica a importancia de apoiar o comercio local para promocionar a economía da vila, “en Ponteareas temos de todo sen ter que desprazarnos. Na nosa praza de abastos temos produtos frescos ideais para seguir unha dieta saudable”.
Vidal aposta, con esta iniciativa, por involucrar aos máis cativos e cativas cunha actividade lúdica e didáctica.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada