Cincuenta centros educativos galegos participarán no V Campionato Galego de FP, GaliciaSkills 2018

El conseleliro de Educación, Román Rodriguez, estuvo acompañado por el director general de Educación, Manuel Corredoira; y por la subdirectora de FP, Eugenia Pérez Fernández.

El conseleliro de Educación, Román Rodriguez, estuvo acompañado por el director general de Educación, Manuel Corredoira; y por la subdirectora de FP, Eugenia Pérez Fernández. ARCHIVO. 

Un total de 50 centros educativos galegos participaran no V Campionato Galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2018, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No campionato, que se celebrará o vindeiro mes de novembro no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda) tomarán parte 143 alumnas e alumnos. A competición busca darlle unha maior proxección e difusión á FP que se imparte na nosa Comunidade Autónoma, e que en anos anteriores ten colleitado amplos éxitos na edición a nivel nacional, SpainSkills.

O campionato, de carácter eminentemente práctico, consistirá no desenvolvemento de 25 competicións relacionadas coas especialidades (skills) de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. En concreto as especialidades convocadas son as de Pintura do automóbil, Tecnoloxía do automóbil, Ebanistaría, Carpintaría, Mecatrónica, Enxeñaría de deseño mecánico-CAD, Mecanizado, Electrónica, Administración de sistemas en rede, Solucións de software para empresas, Control industrial, Instalacións eléctricas, Soldadura, Panadaría, Servizo de restaurante e bar, Cociña, Fontanería e calefacción, Refrixeración e aire acondicionado, Peiteado, Floraría, Coidados auxiliares de enfermaría, Tecnoloxía da moda, Pintura e decoración, Xardinaría paisaxística e Recepción hoteleira. Ademais, haberá unha demostración de Animación 3D e xogos.

Por provincias, participarán 23 centros de A Coruña (66 alumnos), 9 de Lugo (27 alumnos), 3 de Ourense (11 alumnos) e 15 da de Pontevedra (39 alumnos). Con respecto á edición anterior Galiciaskills, apréciase un incremento claro na participación; houbo 17 modalidades de competición e dous en demostración; participaron 40 centros educativos e 100 alumnos e alumnas.

Haberá dous premios por competición. A persoa gañadora do primeiro premio en cada skill competirá representando a Galicia na Olimpíada Nacional de Formación Profesional, SpainSkills 2019, que se celebrará en Madrid. Este alumnado, xunto cos xefes e as xefas de equipo, conformarán o equipo galego que representará a nosa comunidade autónoma en SpainSkills 2019. Ademais, todos recibirán un diploma acreditativo de ter participado neste campionato. O profesorado recibirá a correspondente certificación de participación na actividade de innovación educativa GaliciaSkills 2018, cunha equivalencia de 15 horas de formación permanente do profesorado.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1