Leticia Iglesias, nova conselleira de Abanca

_img_internas__mediaformats_20180528-abanca-consejera-hd-36187f98

Leticia Iglesias, nova conselleira de ABANCA, ten unha sólida traxectoria profesional como experta no mundo da auditoría

O Consello de Administración de ABANCA aprobou hoxe o nomeamento de Leticia Iglesias como nova conselleira independente da entidade suxeito ás autorizacións regulatorias correspondentes. Leticia Iglesias foi ademais designada polo Consello presidenta da Comisión de Auditoría e Cumprimento.

Tras esta incorporación, o máximo órgano de goberno do banco está composto por oito membros, seis deles independentes, o que supón unha ampla maioría do Consello en liña coas mellores prácticas de gobernación.

A nova conselleira de ABANCA ten unha sólida traxectoria profesional como experta no mundo da auditoría que desenvolveu tanto na esfera pública como na privada co seu paso por Arthur Andersen, CNMV, Instituto de Censores Jurados de Cuentas de España, ou a entidade financeira Banco Mare Nostrum onde, entre outros labores, presidía a Comisión de Risco Global.

MEMBROS DO CONSELLO

Tras esta incorporación, o Consello de ABANCA estará formado por Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente, Francisco Botas Ratera, conselleiro delegado e polos vogais, Eduardo Eraña, José García Montalvo, Pedro Raúl López Jácome, José Ramón Rodrigo Zarza, Carina Szpilka Lázaro e Leticia Iglesias.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada