O Servizo de Gardacostas de Galicia recibe a Placa de Prata ao Mérito Pesqueiro

Garda-costas

A ministra Tejerina facendo a entrega da placa.

O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente entregou esta mañá ao Servizo de Gardacostas de Galicia a Placa de Prata ao Mérito Pesqueiro. Este galardón foi recollido na sede do Mapama polo subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto, durante o acto de entrega das condecoracións da Orde do Mérito Agrario, Pesqueiro e Alimentario e da Orde do Mérito Medioambiental.

O Servizo de Gardacostas recibe esta distinción pola súa traxectoria, labor e colaboración co Goberno central en materia de control e inspección pesqueira, salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña. O obxectivo desta e as outras distincións outorgadas polo Goberno central é premiar a persoas ou entidades pola súa destacada actuación a favor dos sectores agrario, pesqueiro e alimentario.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada