A MIT de Ribadavia presentóu os grafismo de Diego Valeiras para a edición deste ano

Anunciouse tamén unha renovación total da páxina web

mit2A Mostra Internacional de Teatro de Rivadavia presentou os deseños do grafismo da edición de 2018, que se celebrará en pouco menos de dous meses, do 14 ao 22 de xullo.

As obras, autoría do responsable de imaxe da MIT, Diego Valeiras, queren ser reflexo das características que identifican a MIT de Ribadavia: histórica, canónica, moderna e aberta á fusión e aos cambios pero coas raíces no contexto. Toda esta renovación está enmarcada nunha mudanza máis profunda da comunicación e do deseño, pois ademais da calidade artística, a maneira de comunicarse e de presentarse ao público tamén é moi relevante.

Neste sentido, a MIT anunciou tamén unha renovación total da súa páxina web, que se presentará o próximo mes de xuño e una nova liña de merchandising en colaboración coa empresa de deseño galega Rei Zentolo.mit1

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada