Groba Diéguez, historiador, defende: “No Corpus é posible unha complexidade do lúdico, evitando o desprazamento da relixiosidade da arte efémera”

Rúa dos Ferreiros. (1955)

Rúa dos Ferreiros. (1955)

Reproducimos aquí un artigo do arquiveiro AHM Ponteareas, Antonio-José Groba Diéguez, sobre a festa do Corpus Christi que foi feito para a revista Pregón. Groba Diéguez fai un repaso por todos os principais elementos desta festa singular de marcadísimo carácter relixioso que a fai brilar entre otras moitas patronais, relixiosas ou gastronómicas. O historiador razo así a entidade desta celebración: “A urbanidade do Corpus Christi convértese en algo relixioso e que, como relixioso, ten que ser comprendido en Ponteareas. Coa súa liturxia da palabra e a exaltación divina. Tanto a arte efémera como á cultura relixiosa, élles posible evolucionar, tanto cara á seriedade e a funcionalidade absolutas, como cara á gratitude mais sentida, cara á creación dun novo sentido comunitario para accións cotiás e cara á diversión (postura construída desde unha amálgama de sentimentos relixiosos e antropolóxicos)”.

CORPUS CHRISTI MANET IN ESSENTIA CULTURAE NOSTRAE

Antonio-José Groba Diéguez

Licenciado en Historia. Arquiveiro AHM de Ponteareas

 

O Corpus Christi de Ponteareas compite con todalas festas máis simbólicas: profanas, relixiosas e culinarias de Galicia. Algunhas destas festas honran aos deuses da gastronomía galega, coma a Lamprea de Arbo. Noutras citas culturais, coma a Festa dá Istoria de Ribadavia.

Mostramos a nosa identidade colectiva como pobo. A maxia efémera, o milagre e a viabilidade dun soño contorna á festividade cívica-relixiosa do Corpus Christi en Ponteareas.

No exterior de Ponteareas, preséntase o Corpus Christi ante a sociedade: a confección de alfombras florais, os materiais, os bosquexos, as fotografías, e mesmo os aromas dalgunhas fragrancias, emanadas na confección dunha pequena alfombra floral. Durante todo este tempo ensinado, os ponteareás mostramos e divulgamos, a nosa peculiar habilidade para elaborar as alfombras e tapices florais. Ante as autoridades relixiosas, civís e militares do mundo. Como artesáns alfombristas expoñemos o noso mellor tesouro custodiado anonimamente por xeracións. Mostramos a nosa identidade colectiva como pobo. A maxia efémera, o milagre e a viabilidade dun soño contorna á festividade cívica-relixiosa do Corpus Christi en Ponteareas.

Os elementos do Corpus menos apreciados no exterior e admirados ,in situ, é: O alfombrado floral sobre a contorna do Percorrido Procesional (un traxecto máxico e coas súas variantes no tempo). A Custodia é o obxecto máis importante e centro da procesión, nela pórtase o Corpus Domini. Aquí diferenciaremos dúas pezas: un ostensorio ou ostensorium, peza de ouro onde se coloca o Sacramento para mostrar ao pobo. A Custodia elaborada en madeira e dourada. Tallada con estilo arquitectónico neogótico, a planta octogonal, en vertical forma piramidal en tres corpos e rematada en pináculo. O monumento feito en 1903 no taller do ebanista P. Manuel Fernández da Comunidade Franciscana de Canedo. A custodia é unha ostentación típica das Catedrais. O Palio con seis varais feitos en prata por un ourive. O seu manto na súa cara superior de cor vermella carmesí e na inferior cor oro. O derradeiro e o auténtico obradoiro das formas artísticas: O Portal é centro neurálxico de cada alfombra e lugar de encontro. Talvez sexa a nosa Alma Mater da alfombra ou tapiz floral. Concertación das aromas e as fragrancias. O esfolle dos materiais con mimo é un traballo cotián e rutineiro na preparación das diferentes: matas, sementes e flores. Os Portais son a nosa verdadeira Escola do Corpus, da renovada comuñón xeracional, e da arte na asignación do traballo xerarquizado.

A urbanidade do Corpus Christi convértese en algo relixioso e que, como relixioso, ten que ser comprendido en Ponteareas. Coa súa liturxia da palabra e a exaltación divina. Tanto a arte efémera como á cultura relixiosa, élles posible evolucionar, tanto cara á seriedade e a funcionalidade absolutas, como cara á gratitude mais sentida, cara á creación dun novo sentido comunitario para accións cotiás e cara á diversión (postura construída desde unha amálgama de sentimentos relixiosos e antropolóxicos). No Corpus é posible unha complexidade do lúdico, evitando o desprazamento da relixiosidade da arte efémera (que instala unha orde desordenada que se goza), á lóxica (que instala unha orde extrínseco ao sentimento que leva a padecer a incerteza), pode ser iso mostrado con respecto. Noutras palabras, é posible ensinar a complexidade do lúdico, buscando simplemente divertirse con outros (evitando a irrupción da seriedade, ligada á utilidade relixiosa e antropolóxica). Estas preguntas inspiran a liña de estudo do sentimento colectivo dos alfombreiros, cuxas pegadas se rastrexan nas obras Homo ludens, de Huizinga, e Os xogos e os homes, de Caillois.

No 1903, Huizinga inicia e comeza a traballar nunha idea propia sobre a historia. Lánzase ao baleiro, publicando unha obra sobre o xogo que se describen algúns indicios, que levan a expor esta hipótese que xorde dunha lectura atenta de Homo ludens. Contrariamente a considerala como pasado ligado ao recordo persoal, Huizinga repara no carácter perecedoiro, circunstancial i escorregadizo da historia, sempre latente nas persoas que viviron e continúan vivindo intensamente no pasado. Ao falar da época actual, di: “É claro que a época da que falamos é tamén un pasado histórico, un pasado que se vai decaendo a medida que nos afastamos del. Manifestacións que na conciencia dos mozos son (cousas doutro tempo) para os vellos son (o noso tempo), non por cuestión de recordo persoal, senón porque a súa cultura participa aínda nelas.

O que falla polo común ao home e á sociedade non son as boas regras, senón a súa aplicación. Non son boas leis, senón o seu cumprimento. Non son boas institucións, senón a súa xenuína realización. 

Analizada en profundidade na súa obra “O outono da idade media,a idea de historia que constrúe esta fortemente implicada na noción nietzscheana de tempo, que reivindica o instante como unidade e presenza do presente, do pasado e do futuro. Ao partir das situacións concretas: Non esquezamos unha verdade que esta escrita a cada paso en toda a historia do cotián. O que falla polo común ao home e á sociedade non son as boas regras, senón a súa aplicación. Non son boas leis, senón o seu cumprimento. Non son boas institucións, senón a súa xenuína realización. A man do home é terrible para estragar e falsear o habitual: deixádelle que toque unha cousa calquera, ou a quebranta ou a torce. Por isto o Corpus Christi, cando se trata de examinar o mérito dunha institución inexistente, non tanto lla debe mirar en se como nas garantías que ofrece de non ser falseada: non son as mellores institucións as que entrañan e máis afinan, senón as que levan mellor o berce de identidade ponteareá. A diferenza con esta revolución nas ideas do Corpus, que afectou profundamente os costumes cívico-relixioso. Se algúns quedaban na memoria dos seus moradores: na memoria dicimos porque para quen coñeza o estado actual do Corpus Christi é indubidable que a maioría do pobo de Ponteareas, nin recordos conserva das institucións políticas que formaban o orgullo dos seus maiores, e se entende de tradicións a conservar e transmitir as antropolóxicas-relixiosas. Non é atribuíble á casualidade que cando as ideas elementais do pensamento de Nietzsche, como o ser que devén e o eterno retorno do mesmo, que sosteñen entrelazadas unha nocion particular de tempo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1