Amparo Cano García galardoada co Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal

O presidente da Xunta participou esta tarde na entrega do VII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal.

O presidente da Xunta participou esta tarde na entrega do VII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal.

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal como a constatación de que existe unha comunidade científica, que supera cada día fronteiras que semellaban inalcanzables.

Deste xeito, referiuse á traxectoria da galardoada Amparo Cano García, catedrática de Bioquímica da Universidade Autónoma de Madrid e autoridade mundial na investigación oncolóxica, e incidiu en que o seu labor non soamente reflicte amor á ciencia senón que “é unha expresión magnífica de amor ao xénero humano”.

Nesta liña destacou tamén a galeguidade que profesa o empresario Ramiro Carregal, unha galeguidade expansiva que o obriga a compartir e formar parte de proxectos ambiciosos como este galardón.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta aseverou que este premio exhibe ese carácter aglutinador que tanto distingue á nosa Comunidade, unha comunidade sen divorcios internos nin fracturas e coas portas abertas e as pontes sempre tendidas. “Galicia non quere ser máis pequena senón máis grande; non parcela a súa poboación por crenzas ou identidades, senón que procura resaltar os factores de unidade”, abundou.

Ao respecto, e diante dos momentos de incerteza que vivimos, Feijóo subliñou a importancia de trasladar ao ámbito político os valores que a nosa sociedade atesoura. “Cando esa transmisión entre a sociedade e a política funciona, como sucedeu na transición democrática española e na transición autonómica galega, se crea un clima de progreso, convivencia e benestar”, dixo, ao que engadiu que, pola contra, cando se produce un curtocircuíto, aparece a inestabilidade e proliferan proposta irreais frustrantes.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada