O Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia agrupa catro indicacións xeográficas e, nela están inscritas máis de 130 empresas

aguardientes

Augardentes e licores de Galicia, o esforzo por levar un produto tradicional ás máis altas cotas de calidade

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o traballo dos produtores de augardentes e licores de Galicia que exemplifican, dixo, o esforzo por levar un produto tradicional ás máis altas cotas de calidade.

Nese labor, referiuse especialmente ao do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia que, baixo o seu paraugas, agrupa catro indicacións xeográficas: licor de herbas, licor café, augardente de herbas e augardente de Galicia. E están inscritas máis de 130 empresas de toda a Autonomía e amparadas máis dun cento de referencias.

Nesta liña, salientou que a Comunidade galega, ademais de contar con dúas indicacións xeográficas específicas para o augardente, nos últimos cinco anos, Galicia incrementou un 20% o volume de augardentes e licores producidos coa etiqueta dalgunha das indicacións xeográficas e, nos primeiros meses deste ano a produción creceu un 25% respecto ao mesmo período de 2017.

Durante a clausura do Congreso Nacional de Bebidas Espirituosas, Feijóo referiuse tamén ao etiquetado das botellas como a única garantía de que o produto cumpre con todos os requisitos sanitarios e de calidade, incidindo en que o etiquetado é sinónimo de produción controlada, baseada na calidade e na confianza.

Ao respecto, destacou a campaña que está a desenvolver a Federación Española de Bebidas Espirituosas, “Auténticamente auténtico”, destinada a garantir que o consumidor saiba en todo momento que produto está consumindo, un obxectivo que comparte a Xunta.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada