O I Festival Internacional de Teatro de Rúa enche as rúas de cultura, de teatro e de animación

 

Granujas a todo ritmo. Un puñado de músicos granujas se unen para recordar los temas de los Blues Brothers y otros clásicos del Blues.

Granujas a todo ritmo. Un puñado de músicos granujas se unen para recordar los temas de los Blues Brothers y otros clásicos del Blues.

Ponteareas presenta o I Festival Internacional de Teatro de Rúa que terá lugar do 4 ao 7 de xullo.O Festival arranca nos xardíns do concello o vindeiro día 4 coa actuación de Educa Teatro&The Turres coa obra “Os tres porquiños van de festa”. Esta obra itinerante sairá dos xardíns do concello para ir á praza Bugallal e rematar na Praza da Perillana donde actuará Kote Malabar co seu “Cirkote”. Ás 20.30 horas arranca dende esta praza ata a praza Bugallal, rúa Esperanza e Praza Maior novamente Educa Teatro&The Turres coa súa obra “Os tres porquiños van de festa”.

O xoves día 5 ás 19:00 horas a obra “Granujas a todo Ritmo” arranca dende o Paseo Matutino para visitar Ponteareas Cidade e a Praza Bugallal.Ás 19.30 horas “No hay que perder el tiempo” chega co Gran Rufus que se despraza dende Castela León para deleitar aos máis pequenos e pequenas de Ponteareas.Ás 20:30 horas o teatro volve quecer motores para sair dende Bugallal ata o parque das Pombas cos cántabros MG Producciones.

O día 6 ás 19.00 horas no parque Ferro Ucha “Granujas a todo ritmo” volve tomar as rúas de Ponteareas para chegar ata o parque da Perillana pasando por diante do concello. Ás 19.30 horas na praza da Perillana Rudy Dudy chegado dende Bélxica representa “Clowntaminación”. Ás 20.30 horas “Granujas a todo ritmo” sae rumbo ao parque das Pombas donde ás 21 horas os brasileiros Asaco Circo anima co seu show. O festival remata a súa xornada polas rúas de Ponteareas ás 22 horas con “Granujas a todo ritmo”.

O día 7 o I Festival Internacional de Teatro comeza ás 18 horas nos xardíns do concello no que se instalará un espazo lúdico “Casa dos Xogos” até as 21:30 horas. Ás 19 horas tamén nestes xardíns arranca o teatro itinerante de Educa Teatro coa viaxe de Carapuchiña. Todos os participantes poderán vir disfrazados de carapuchiña, de lobo ou de calquera personaxe de conto.Ás 19.30 horas na feira Vella “Titiricircus” de Tanxarina Títeres. Ás 20.30 horas na Feira Vella Carapuchiña parte rumbo ao concello, praza Bugallal e Praza Maior. Ás 21 horas na Praza Maior Rocky Marmota, de Madrid, pon en escena “Santimbanqui”.

O I Festival Internacional de Teatro de Rúa baixa o seu telón andante coa “Viaxe de Carapuchiña” e unha festa chea de música na praza Maior.

O Alcalde de Ponteareas e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, animan a toda a veciñanza a participar neste festival que nace hoxe para asentarse como unha cita anual estable.

“Encher as rúas de cultura, de teatro e de animación para que as familias poidan desfrutar xuntos dunha actividade divertida e animada é unha satisfacción pero tamén unha obriga porque a creatividade debe formar parte do futuro”, explica o Alcalde.

Esta primeira edición conta co asesoramento de Luis Crepo de Teatro El Zurdo que  valora moi positivamente o programa que recolle diferentes estilos como o circo,  clown, o teatro, títeres e música “ofrecendo un repertorio de moita calidade e amplo con máis de dez espectáculos e tres días de duración cun percorrido extenso que achega as diferentes disciplinas a cada recuncho da vila”.

Inclusivo e interactivo o I Festival Internacional de Teatro de Rúa fará que todo o público participe e se convirta nunha personaxe do mundo da ilusión.

 

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada