O número de galegos residentes en Galicia nados no exterior incrementouse en 6.696, dato que confirma o retorno dos mozos decendentes de emigrantes

Miranda reiterou novamente en Celanova o traballo comprometido do goberno galego cos Galegos de Venezuela, tanto na atención social aos que aínda residen no pais americano, como as familias retornadas.

Miranda reiterou novamente en Celanova o traballo comprometido do goberno galego cos Galegos de Venezuela, tanto na atención social aos que aínda residen no pais americano, como as familias retornadas.

Celanova acolleu este sábado as xornadas informativas sobre emigración e retorno, organizadas polo concello de Celanova, a Secretaría Xeral de Emigración, Fevega, a Asociación Cultural Canta Claro e Apejuveg. Na apertura das xornadas participou o Alcalde de Celanova, que deu a benvida aos asistentes e foron clausuradas polo secretario xeral de Emigración.

O titular de Emigración destacou a importancia da Estratexia Retorna 2020 que a Xunta de Galicia aprobou recentemente e que conta con medio cento de medidas tanto específicas como transversais, co obxectivo de incrementar nun 50% o número de retornados nos vindeiros anos ata superar os 20.000.

BECAS MOCIDADE

O Secretario xeral salientou a gran demanda que están a ter os programas incluídos dentro da Estratexia Retorna 2020, como as Becas Excelencia Mocidade Exterior con mais de 350 solicitantes na convocatoria actual.

Este ambicioso proxecto pretende, por unha banda, contribuír a paliar a crise demográfica que está a atravesar Galicia; e, por outra, facilitar o dereito dos emigrantes galegos e mais os seus descendentes a regresar á súa terra de orixe.

O responsable autonómico destacou que de acordo cos datos recentemente publicados polo INE, no último ano incrementouse en 6.696 o numero de galegos residentes en Galicia que naceron no exterior, o que confirma o retorno das novas xeracións descendentes de emigrantes.

Ademais, Miranda tamén puxo en valor que Galicia está en cifras positivas de saldo migratorio, superando no último ano 2017 en 6.769 o numero de entradas sobre o de saídas de Galicia. Este dato supón mellorar en mais do dobre o dato do ano 2016, que era de 2.809 persoas.

Ante este auditorio maioritariamente formado por persoas retornadas de Venezuela, o secretario xeral reiterou novamente o traballo comprometido do Goberno galego cos galegos de Venezuela, tanto na atención social aos que aínda residen no país americano como ás familias retornadas.

ASESORAMENTO

Nestas xornadas participou unha técnica do Departamento de Emigración que informou aos asistentes sobre as diferentes liñas da acción que contempla a Estratexia Retorna 2020. Tamén houbo intervencións do Presidente de Fevega, Manuel Pérez, dun representante de Apejuveg e da presidenta da asociación cultural Canta Claro de Celanova, Daysi Ramírez.

Contou, ademais, cunha parte dedicada ao asesoramento e atención individualizada aos venezolanos retornados a cargo dos técnicos da Oficina de Información de Fevega.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada