Unha exposición do pintor cambadés Lino Silva inaugura o Rincón de Carlos Oroza en Detrás do Marco

Lino Silva.

Lino Silva.

Detrás do Marco inaugura o Rincón de Carlos Oroza cunha micro-exposición do pintor cambadés Lino Silva este mércores 11 de xullo.

Ante a enorme demanda de pintores, fotógrafos e outros creadores para expor en Detrás do Marco, a empresa decidiu abrir un pequeno espazo dentro do local, que será recoñecido como Rincón de Carlos Oroza, donde un autor poda facer unha pequena mostra do seu traballo, que poderá estar á venda se así o considera ou ir cambiando a súa obra durante o tempo que permaneza no local.

Así o primeiro en inaugurar o Rincón de Oroza será o pintor galego Lino Silva, que amosará a súa singular obra.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada