IESIDE acolle a xornada ‘Talento e marca: alicerces do éxito internacional’

conde2

Francisco Conde, Conselleiro de Economía.

O Campus da Coruña de IESIDE acollerá mañá xoves 12 de xullo, a partir das 18.30 h, a xornada ‘Talento e marca: alicerces do éxito internacional’ organizada polo Foro de Marcas Renombradas Españolas, ICEX e PeopleMatters coa participación de IESIDE. Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia; Antonio Abril, secretario xeral e do Consello de INDITEX e vicepresidente do Foro de Marcas Renombradas Españolas; e Pedro Otero, director xerente de Afundación e secretario xeral de IESIDE serán os encargados de abrir a xornada.

O recente e acelerado proceso de internacionalización da empresa española xerou unha necesidade de contar cunha competitiva estratexia de atracción e retención do talento na que a marca xoga un papel crave. Por iso presentarase neste evento o primeiro «Informe sobre xestión de talento e marca para a internacionalización das empresas españolas». Nel sublíñanse, entre outras conclusións, que as empresas con presenza internacional non valoran adecuadamente o talento local, non aproveitan o potencial dos seus embaixadores de marca e só un 30 por cento ofrece un plan de carreira aos seus expatriados, que dependen excesivamente da alta dirección.

Ademais, expertos de diversos ámbitos e empresas analizarán a xestión empresarial do talento e da marca desde diferentes perspectivas: estratexia de employer branding, complexidade da xestión de multiculturalidad, adaptación ao cambio constante dos mercados, mobilidade do talento, posicionamento da marca global ou embaixadores de marca.

 

Evento Xornada «Talento e marca: alicerces do éxito internacional»
Lugar Campus de A Coruña de IESIDE (Ronda de Nelle, 31)
Data e hora Xoves, 11 de xullo, a partir das 18.30 h

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada