Gamallo explicou o desprazamento a Israel, México, Bruxelas e Lisboa do presidenta da Xunta o pasado semestres

O presidente Núñez Feijóo impartiu unha conferencia nun encontro con estudantes e profesores da Universidad de la Sierra Sur, UNSIS. ARCHIVO.

O presidente Núñez Feijóo impartiu unha conferencia nun encontro con estudantes e profesores da Universidad de la Sierra Sur, UNSIS. ARCHIVO.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo compareceu hoxe na Cámara galega para informar do cumprimento do código ético institucional e polo tanto dar conta das viaxes dos altos cargos da Administración Pública galega, e onde indicou que a axenda deste primeiro semestre do ano, tanto do Presidente como dos restantes altos cargos do Goberno galego estivo centrada na procura de novos investimentos, defensa dos intereses de Galicia en Bruxelas e a cooperación con Portugal.

Jesús Gamallo na súa comparecencia, explicou que durante o pasado semestre, o presidente desprazouse a Israel, México, Bruxelas e Lisboa. O desprazamento a Israel desenvolveuse entre o 30 de xaneiro e o 1 de febreiro, cun propósito eminentemente comercial, co fin de explorar posibles oportunidades de cooperación e de negocio, para diversificar o tecido produtivo galego, algo que nos permitiría obter máis recursos para lograr financiar as políticas e servizos públicos que precisa a sociedade galega. Nesta viaxe, Nuñez Feijóo estivo acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, pola directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), polo Director do Igape e por unha delegación empresarial integrada por vinte representantes de empresas e centros tecnolóxicos.

Durante a viaxe, o propósito central da iniciativa galega foi transmitir a aposta pola iniciativa Industria 4.0, cun ecosistema de innovación e avantaxes fiscais e administrativas para captar investimento en áreas como as que despuntan en Israel, como son as TIC, software, robótica, biotecnoloxía, aeronáutica, enxeñería, e onde o presidente lembrou que o plan galego de innovación mobilizará preto de 1.800 millóns de euros e incrementará nun 10% o persoal empregado en I+D, ata acadar os 10.400 profesionais.

No mes de maio, o presidente viaxou a México, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria e máis polo director do Igape, acompañando a case medio cento de empresas galegas, a metade delas do sector agroalimentario. Ademais da compoñente comercial, o obxectivo foi ampliar os contactos institucionais con membros do Goberno mexicano e reforzar os lazos culturais e económicos que nos unen. A delegación galega participou no evento denominado “Encontro Gastronómico con Galicia”, que é un escaparate onde as empresas do sector puideron amosar ante máis de 300 profesionais a calidade dos produtos galegos. Nesta visita tamén participaron outras 22 compañías de diferentes sectores –como a confección infantil, consultoras TIC, enxeñarías, automoción, maquinaria industrial, naval e do sector da alimentación–, que puideron concertar un cento de reunións para abrir novas vías de negocio entre Galicia e México. No marco da visita, Alberto Nuñez Feijóo reunise co presidente mexicano, Enrique Peña Nieto,e co secretario de economía do Goberno mexicano -que confirmou a colaboración de ProMéxico no Galicia Investor’s Day, que se celebrará en outubro- e cos gobernadores dos Estados de México e o de Oaxaca.
A mediados do meo de maio, o presidente estivo en Bruxelas xunto coa conselleira do Mar, co obxectivo de defender os intereses galegos no orzamento comunitario 2021-2027, intereses centrados principalmente na Política da Cohesión, na Política Agrícola Común, na Política Pesqueira Común, na Rede Transeuropea de Transporte, nas posibles repercusións do Brexit e nos retos demográficos xunto co correspondente apoio europeo para superalos.

E finalmente, segundo foi relatando o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, o presidente da Xunta viaxou a Lisboa nos primeiros días de xullo, acompañado polo Vicepresidente da Xunta onde ademais de manter un encontro coa colectividade galega, entrevistouse co presidente da Cámara Municipal de Lisboa, Fernando Medina, e coa secretaria de Estado de Industria, Ana Teresa Lehman. Neste encontro afondouse nas oportunidades de cooperación en novos eidos industriais, como son a nanotecnoloxía e biotecnoloxía, e as novas aplicacións da industria 4.0 extensibles a sectores como o textil ou o metal, forestal e agroalimentario. No marco da visita á cidade portuguesa, tamén se reuniron co presidente co ministro de Planeamento e Infraestruturas, Pedro Marques, onde trataron a mellora das interconexións enerxéticas e, especialmente, a mobilidade ferroviaria, que vai ter un novo pulo dende Portugal cara á fronteira. Nuñez Feijóo reuniuse tamén co presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, co obxectivo de intensificar a cooperación luso-galaica cara a obter un mellor tratamento dos futuros fondos europeos xa que Portugal pode ser un aliado no Consello Europeo para defender a necesidade de que a Unión se implique máis no reto demográfico e que pase a ser unha prioridade.

VIAXES

Ademais dos conselleiros e do vicepresidente que acompañaron ao presidente nas súas viaxes, hai que destacar tamén a viaxe da conselleira de Medio Ambiente en febreiro a Bruxelas, onde se entrevistou co comisario de Acción polo Clima e Enerxía, e co director Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, por asuntos relacionados coas súas responsabilidades.

O conselleiro de Política Social estivo en Xenebra o 22 de xaneiro, para representar ás Comunidades Autónomas no seo da delegación española perante o comité de Dereitos do Neno de Nacións Unidas, e en Bruxelas o 15 de marzo, para participar no Consello de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores (Epsco), así como en Luxemburgo o 21 de xuño, tamén nese Consello, tornando o 22 de maio en Bruxelas, no seo do Consello da UE de Educación, Xuventude, Cultura e Deporte.

No mes de marzo, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estivo na UNESCO, en París, para defender a candidatura das Illas Atlánticas-Cíes como Patrimonio da Humanidade, e en Bos Aires o 3 de maio, para ocuparse da cesión temporal de “A derradeira leición do mestre”, de Castelao.

A conselleira do Medio Rural visitou Nüremberg en febreiro, para participar na feira Biofach, a máis salientable do sector no enorme mercado alemán, moi demandante deste tipo de produtos. Asemade viaxou a Bruxelas o 20 de marzo, para expoñer os requerementos galegos fronte á reforma da Política Agrícola Común. A conselleira do Mar tamén viaxou a Bruxelas o 22 de xaneiro, 9 de marzo, 24 e 28 de abril, sempre para afrontar a defensa da posición galega diante do futuro Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e das esixencias galegas no seu sector.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada