O luns 30 de xullo, ás 22.30 horas, no recinto da Muralla

Salvaterra desfrutará do folclore de 4 países en ‘O mundo a danzar’

Catro grupos  folclóricos de África do Sur, Arxentina, Tahití e Ucraína  van ser o espectáculo que abra o Verán Cultural o luns 30 de xullo, ás 22.30 horas, no recinto da Muralla de Salvaterra.

Ademais de constituír un momento extraordinario de música e baile, este festival representa unha maior proximidade entre os pobos dos cinco continentes, promovendo a difusión de ideas, valores e coñecementos.

Considerado un dos mellores de Portugal que recala en Salvaterra y en Vilagarcía, este festival reuniu, na edición do último ano, preto de 80 mil persoas nas varias actuacións en Portugal e España. Participaron preto de 450 elementos das agrupaciones presentes e 120 voluntarios que serviron como intérpretes e guías durante o festival.

O obxectivo é proporcionar bos momentos á poboación e promover un encontro de culturas entre os participantes.

‘O Mundo a Danzar’, un dos momentos máis importantes do Verán Cultural de Salvaterra, foi recoñecido pola CIoFF (Consello Internacional das Organizacións de Festivais de Folclore e de Artes Tradicionais, estatuto B da UNESCO), en 2006, pola CID (Consejo Internacional de Baile), en 2005, e pola IoV (Organización Internacional das Artes Populares), en 2004.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1