A mostra ‘Superpoderes. David Aja e David Rubín’ na Coruña

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta na sua sede da Coruña a exposición «Superpoderes. David Aja e David Rubín». A rolda de prensa de presentación e a apertura ao público terá lugar mañá martes 31 de xullo, ás 11.00 h, cun acto no que participarán o comisario da mostra, Asier Mensuro, e a coordinadora da Sede Afundación da Coruña, Beatriz Aler.

A mostra conforma un percorrido por máis de 350 obras que reflexionan sobre o símbolo do superheroe no século XXI  a través de dous dos artistas máis importantes do panorama actual de autores de banda deseñada, tanto nacional coma internacional, que desenvolven a súa carreira no mercado norteamericano: David Aja e David Rubín. Entre outros, neste proxecto expositivo poderase gozar dos traballos máis importantes para a editorial Marvel de Aja, como Inmortal Iron Fist, Haweye, Wolverine, Avengers ou Captain America; ou das obras de Rubín El Héroe, Aurora West, un spin off da popular serie Batling Boy de Paul Pope, ou ilustracións de personaxes como Batman ou Spirit.

A exposición poderase visitar ata o vindeiro 29 de setembro, de luns a venres en horario de 17.00 a 21.00 h e os sábados de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Tamén ser realizarán visitas guiadas, gratuítas e sen inscrición previa, todos os xoves ás 19.00 h.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada