O festival 'O Son da Muralla' reunirá miles de mozos e mozas este sábado 4 de agosto

A Dj Sara Santini, única portuguesa Djane en World Top100 Djanemag, no Son da Muralla

Nesta décimo sétima edición participarán tamén Jose de Rico, Thomas Living, Dj. Frisco e Marcos Peón, Dj Charlie e Dj David

Sara Santini, nada en Oporto, é unha das máis prometedoras Dj nun mundo dominado por homes. É a única portuguesa Djane en WORLD TOP100 DJANEMAG. A oportunidade de vela e escoitala vai ser nun evento no Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño, este sábado 4 de agosto, onde Santini xunto a outros 6 Dj participa no maior festival DJ ao aire libre de Galicia e do Norte de Portugal, O Son da Muralla.

Esta muller Dj, Sara Santini, ten un número grande de seguidores e seguidoras despois da súa actuación en varios clubs en diferentes países. O seu estilo principal é ‘Progressive House Music’ que converteu nunha das máis populares Dj a nivel nacional e internacional.

Xunto a Portugal, Sara Santini tamén ‘pinchou’ en Italia, España, Dubai, Angola, Marrocos, Suíza, Austria, Francia, Luxemburgo. Para Santini é sempre un pracer levar a súa música en todo el mundo.

Entre os seus premios están #87 DJANEMAG 2014, #103 DJANEMAG 2015, #101 DJANEMAG 2016, #97 DJANEMAG 2017.

Nesta décimo sétima edición participarán Jose de Rico, Sara Santini, Thomas Living, Dj. Frisco e Marcos Peón, Dj Charlie e Dj David que farán as ledicias de todos os seguidores da música dance, electrónica e comercial, un espectáculo garantido e complementado cun destacado equipo de luz, son e animación, con máis de 66.000w de son e 70.000 de luz que xunto co propio recinto fan que este festival sexa único e especial.

VERÁN CULTURAL

Este  evento é un dos primeiros que se enmarcan dentro da extensa programación do Verán Cultural de Salvaterra, que dará paso a diversas actividades pola semana e ao Guateque o próximo 11 de agosto.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada