A Xunta amplía a alerta de altas temperaturas a nivel vermello nas zonas do Miño nas provincias de Pontevedra e Ourense

A Xunta de Galicia alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel vermello que se iniciará en torno ás 14,00 horas de hoxe nas zonas do Miño das provincias de Pontevedra e Ourense.

Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse ata 42 graos centígrados en Ourense (Miño,) e os 40 graos centígrados en Pontevedra (Miño). No resto da provincia de Ourense e no sur de Lugo segue vixente a alerta laranxa por altas temperaturas.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, aos servizos provinciais de Protección Civil, e aos bombeiros, entre outros.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada