Roberto Porto, director de Pontenova: “Temos integrantes moi noviños e que os hai que f ormar non só como músicos senón tamén facer que amen o folclore galego”

O director de Pontenova, Roberto Porto, antes del Festival Pontenova, durante los ensayos en la plaza del Concello de Salvaterra.

“O folk galego vive un momento de auxe”, asegura Roberto Porto, director da Banda de Gaitas Pontenova de Salvaterra e membro do grupo folk Ardentía. Todas as asociacións, observa, “polo menos en Pontevedra, adoitan ter o seu grupo de pandeireteiras, de gaiteiros, de percusión.

“Quizais as entidades galegas deberían apostar máis polo folk galego. É algo que non se valora tanto en Galicia, pero, cando vas fóra, a outros países ou a outras comunidades autónomas, vese que apostan máis por este tipo de folclore enraizado no pobo, que ten que ver coa lingua, coa cultura…Se non se apoia, isto pérdese”.

E engade cun algo de tristura. “Moitas veces o traballo que realizamos os mestres, non está apoiado polas institucións como debería estalo”.

Porto dirixe a Banda de Gaitas Pontenova de Salvaterra. O repertorio desta formación inclúe unha escolma de pezas galegas que interpretaron, algunhas delas, no IX Festival Folk Pontenova. Tamén figuran pezas que sen ser propiamente galegas xa están incorporadas desde hai tempo, como xotas, rumbas e pasodobres. Así como pezas recuperadas de antigos gaiteiros como Juan Bello Mallou, xa desaparecido. Ou mesmo pezas de grupos emblemáticos, como a muiñeira de Rubiás dos Gaiteiros de Soutelo, “un dos mellores grupos de gaitas que había en Galicia.  E algunhas pezas de antes como A Rumba de Pepe, popularizada por Os Terribles de Donas.

Así Pontenova interpreta “un pouquiño de todo para que a xente desfrute, con pezas para escoitar, pezas lentas, pezas para bailar para que a xente participe”, sinala o director.

Pontenova ten 24 anos de existencia e neste momento Roberto Porto leva a formación a proxectos “baseados en xente nova”. Hai unha boa canteira que aínda son “moi noviños e que, pouco a pouco, hainos que formar non só como músicos senón tamén facer que amen o folclore galego”.

Roberto traballa a medio ou longo prazo, porque “isto vai levar unha serie de anos ata conseguir unha banda…O que pasa neste tipo de agrupacións musicais é que hai moita rotación. Cando a xente empeza a traballar e consegue un emprego…isto pasa a un segundo lugar, como afección. Teñen que atender primeiro as obrigacións laborais…Van cambiando os compoñentes…Tamén é certo que algúns antigos músicos se brindan a colaborar con nós e fano cando poden. Temos moita xente que está a estudar…e hoxe moitos están de vacacións …e hai que botar man dalgún músico de apoio.

ARDENTÍA

Como membro do grupo folk  Ardentía, Roberto Porto toca a gaita, o saxo e participa nas voces.

“Ardentía naceu co propósito de recuperar pezas perdidas, dándolle o noso carácter, a nosa visión interpretativa a ese tipo de músicas”.

No seu momento, Ardentía apostou por “algúns instrumentos hoxe incorporados á música folk, pero que non eran autenticamente tradicionais”. E fala do buzuki, un instrumento de orixe irlandesa e grega que empezou a utilizalo Milladoiro. Tamén é o caso do contrabaixo e a Caixa flamenca. Todo isto xunto cos instrumentos clásicos do folk, como o acordeón,  a gaita, o tambor tradicional e o bombo tradicional.

O terceiro grupo no IX Festival de Folk Pontenova de Salvaterra é ‘Tanto nos ten’ que “fai un folk tradicional, parecido ao noso , con pezas de antes”, explica Roberto Porto.  A diferenza, entre outras, está nos instrumentos que empregan que son todos tradicionais. E precisa que o acordeón non é tradicional pero leva moito tempo na música de Galicia… ‘Tanto nos ten’ emprega pandeiretas e bombos e cantan.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1