A Muralla volve atraer co seu son miles de persoas en Salvaterra

A Dj Santini motivou a “enerxía e garra” do público

Sara Santini, nun momento do Son da Muralla no que abandona a mesa para achegarse ó seu público que vibra con ela.

Foi una noite longa e extraordinaria. A Muralla cantaba o seu Son. Cun pouco menos de calor que durante o día, a xente chegaba ao recinto amurallado de Salvaterra atraídos pola música tecno. A primeiras horas da noite moita rapazada, algunhas baixo a atenta mirada dun familiar. Desde o Concello de Salvaterra, entidade organizadora, calculan máis de 10.000 as persoas que asistiron este ano a O Son da Muralla.

A vestimenta de moitísimas das nenas era un short e un top e a bailar coa enerxía da xuventude. Eles cun vaso na man ou os máis novos cunha botella. A maioría de vaqueiros e cunha camiseta. Tamén moitas mulleres fumando, mentres seguían os acordes. E o móbil foi algo indispensable para autorretratos ou facer videos… Non sei cantos datos moveu O Son pero han de ser moitísimos.

Algúns Djs como Prisco&Marcos Peón arroxaron ‘merchandaising’. Outros como Dj Charlie ademais de facer publicidade do programa que ten en certa emisora de radio, cando dicía, algo así, como ¡atentos ó ceo!, lazaba unha salva de confetis. Había momentos con lapas de fogo ou un efecto de bengala.

Mentres, as gogós bailaban en grupos de catro, dúas no escenario y outras dúas no alto de dúas torres na metade do recinto. Cada vez que había cambio por ‘refresco’, as das torres saían escoltadas por dúas persoas da organización, diante e detrás, para atravesar o xentío sen incidencias.

Tamén os djs reclamaban de continuo o seguimento da xente pedindo que erguesen os brazos, ou preguntaban ao xentío –como solicitou Jose de Rico- que quen estaba solteiro, levantase a man ou quen quería casar…Todo era buscar a interacción co público e testar a súa resposta.

Ás 3 da madrugada chegou o showman Jose de Rica cun estilo diferente. El mesmo iniciou un diálogo máis estreito co público, mentres desde a mesa de misturas o seu dj colaborador mantiña a música axeitada.

Non faltaron os fogos artificiais a iso das 4 da mañá cando rematou a intervención de Jose de Rico.

Pero moitos agardaban a chegada da  Dj Sara Santini, a única muller portuguesa con soa e prestixio no mundo dos ‘pincha discos’. Ela, guapísima, atendeu na zona Vip a Grupo ES. e logo saíu ó escenario a ‘comerse’ Salvaterra. Incansable, bailaba á vez que facía as súas mesturas de cancións… E non descoidaba a interacción co público saíndo de detrás da mesa, para bailar ao son que deixara posto, sobre a pasarela que prolongaba o escenario. Santini amosou una profesionalidade excepcional e un gran coñecemento musical. Viña de ‘pinchar’ en China e tiña que marchar a Tailandia.

O Son da Muralla prolongouse ata case chegada a alborada. Comeza un ano de preparación para a súa 18 edición.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada