A música transportou aos anos 60, 70 e 80 a centos de persoas, moitas ataviadas de época, no ‘Imos de Guateque’ de Salvaterra

Un grupo de participantes caracterizadas de época para la música de los años 60,70 y 80 que se puso en ‘Imos de Guateque’ en Salvaterra de Miño.

Centos de persoas non quixeron perderse o ‘Imos de Guateque’ na noite deste sábado en Salvaterra de Miño para rememorar eses anos dourados dos 60, 70 e 80. Houbo moitas ganas de se divertir nunha noite animada por dous Djs.

Deste xeito, o recinto amurallado acolleu o maior guateque de Galicia con música da época, cunha gran posta en escena, photocall…“O mellor de todo foi a magnífica acollida entre os e as participantes, xa que a maior parte deles incluso se animaron a vir caracterizados e isto tiña premio”, subliñan desde o Concello de Salvaterra.

Preto das 3.00 da madrugada tivo lugar o sorteo dunha cea, unha fin de semana de relax e unha viaxe a Benidorm entre todos e todas aqueles que viñeron vestidos de época. Os afortunados marcharon ben contentos. E a festa seguiu ata altas horas da madrugada.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
21